A violación en grupo ocorre cando un grupo de persoas participan na violación dunha soa vítima. A violación inclúe polo menos dous ou máis violadores (sendo o número máis común tres)[1] e é un crime que ocorre en todo o mundo.
Os culpables e as vítimas das violacións en grupo adoitan ser máis novos que os dunha violación dun só individuo, e teñen maiores posibilidades de ser persoas desempregadas. Ademais, o alcohol e as drogas son máis comúns, así como os ataques de noite.[2] As violacións en grupo adoitan ser máis violentas e ter unha maior resistencia por parte da vítima que as dun ataque individual, polo que son máis comúns as tendencias de suicidio e a busca de psicoterapia.[3]
A violación en grupo é chamada ás veces como "violación colectiva" ou "violación con múltiples perpetradores" na literatura dos estudos.[4]
Notas
↑Neumann, Stephani. Gang Rape: Examining Peer Support and Alcohol in Fraternities. Sex Crimes and Paraphilia. Hickey, Eric W., 397-407
↑Ullman, S. E. (2013). 11 Multiple perpetrator rape victimization. Handbook on the Study of Multiple Perpetrator Rape: A Multidisciplinary Response to an International Problem, Miranda A.H Horvath, Jessica Woodhams (Editors), 4, Chapter 11; ISBN 978-0415500449