Villanueva de la Serena é unha cidade de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade autónoma de Estremadura.
Situación
Situada na comarca das Vegas Altas, a portas da comarca de La Serena (e historicamente pertencente a ela) e a escasos 5 Km da veciña Don Benito, deu lugar xunto con esta unha nova aglomeración urbana de relevancia en toda a rexión cunha poboación duns 60.000 habitantes, formando un centro agrícola, industrial e de servizos cunha grande influencia tanto no ámbito comarcal como rexional. O Camiño Natural das Veigas do Guadiana (Vía Verde das Veigas do Guadiana e as Villuercas) empeza aquí.