A extensión é duns 91 km², cun terreo calcario e desigual predominado os outeiros aos chairos, cunha altura máxima duns 820 m. Pola súa parte norte pasa o río Záncara.
O clima é mediterráneo morno, cunha temperatura media anual de 12 °C a 14 °C e unha pluviometría de 350 a 700 mm. Con elevadas temperaturas en verán e baixas en inverno, característico dun clima continental de interior da Península Ibérica.