Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Alxer (en lingua árabe ولاية الجزائر) é unha vilaia de Alxeria. A súa capital, Alxer, é tamén a capital do país. Ten a forma do antigo departamento francés de Alxer e a súa poboación rolda os tres millóns de habitantes.
Divisións administrativas
A vilaia divídese en 13 dairas e 57 baladías ou concellos.