María Victoria Núñez López, nada en Ourense en 1975, é unha funcionaria e política galega do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria
Estudou na Universidade San Pablo CEU. Dende 2003 é funcionaria da Xunta e pasou por varias consellerías. É presidenta da xestora local do PP en Ourense. En febreiro de 2024 foi candidata pola provincia de Ourense nas eleccións de 2024, resultando elixida deputada autonómica.[1]
Vida persoal
É filla do avogado e político Vitorino Núñez.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas