Vicente de la Fuente García, nado en Betanzos o 29 de xaneiro de 1934 e finado na mesma localidade o 22 de decembro de 2021,[1] foi un empresario e político galego que ostentou a alcaldía de Betanzos dende 1979 ata 1983.
Traxectoria
Foi Profesor Mercantil pola Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña (1954).
Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro de Betanzos por Unión de Centro Democrático (UCD), tomando posesión o 19 de abril de 1979. O 3 de maio de 1979, o alcalde titular viuse obrigado a abandonar a alcaldía por enfermidade sen ter podido presidir ningún acto corporativo. Por non ter sido prevista a orde de sucesión, por autoconvocatoria dos concelleiros, acordouse que se fixese cargo da alcaldía o 15 de maio de 1979. O 6 de setembro o alcalde titular renunciou e por acto plenario do 26 de setembro de 1979 resultou elixido alcalde titular, cargo no que permaneceu ata maio de 1983. Foi deputado provincial e presidente da Comisión de Facenda.
Obra
Publicou varios artigos no Anuario Brigantino: "Un recluso en Betanzos..." (2004),[2] "El monasterio de Santa María de Sobrado" (2005),[3], "Una experiencia de democracia..." (2006)[4] e "La Comisión Pro-Cierre Dominical" (2007).[5]
Vida persoal
Foi pai de Vicente, María, Javier, Isabel, Pablo, Cova, Juan, Marta e Ignacio de la Fuente Lago.[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos