Verónica Fontana, nada en Parma en 1651 e finada en Boloña en 1690, foi unha artista e gravadora italiana.
Traxectoria
Verónica Fontana naceu en Parma en 1651 e desenvolveu gran parte da súa carreira en Boloña.[1][2][3]
O seu pai foi o gravador Domenico Maria Fontana, de quen aprendeu as técnicas da escultura en madeira. Na súa carreira inspirouse no traballo da gravadora Teresa María Coriolano, tamén de Boloña, e foi alentada nas súas actividades por Elisabetta Sirani, con quen tomou leccións de debuxo e pintura na escola feminina de arte de Boloña.[4]
Verónica Fontana dominaba a talla en madeira e cobre, entendía os efectos do clarescuro, especializándose na xilografía e realizando numerosos frontispicios, ilustracións de textos científicos e relixiosos así como distintos retratos e pezas soltas.[4][5]
Foi unha artista totalmente independente e tomou a substitución do gravador Giovani Francesco Cassioni, realizando pezas completas, isto é tanto o gravado como o borrador do debuxo (as liñas a seguir para gravar).[6]