Están emparentados cos preguiceiros, cos que comparten a orde dos pilosos, pero a súa alimentación é basicamente a base de formigas e térmites, ao que deben o seu nome.
O termo do latín científicoVermilingua deriva do elemento Vermi-, do latínvermis, "verme" (xenitivo vermiis) e lingua, "lingua". Literalmente: "os que teñen a lingua en forma de verme.
O sinónimo tamanduá procede do tupí-guaraní tamanduá, que significa "comedor de formigas", é dicir, "oso formigueiro".[4]
Clasificación
A suborde dos vermilingües divídese en dúas familias que comprenden diversos xéneros, varios deles extintos.[5] Só se sinalan os xéneros e especies actuais.
↑Tamadúa no Diccionario normativo galego-castelán de Galaxia. A acentuación do Normativo de Galaxia é incorrecta; probabelmente é un castelanismo antigo; hoxe en castelán é a correcta tamanduá.
McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.