Verano azul foi unha serie de televisión de Televisión Española producida en 1981 e dirixida por Antonio Mercero. Foi rodada durante 16 meses, entre finais de agosto de 1979 e decembro de 1980, na localidade malagueña de Nerja e nas granadinas Motril e Almuñécar.[1]
A emisión orixinal tivo lugar na primeira cadea de RTVE entre o 11 de outubro de 1981 e o 14 de febreiro de 1982. O horario de emisión era dende as 16.05 h na tarde do domingo. Consta de 19 episodios de aproximadamente unha hora de duración cada un. Foi unha serie custosa en tempo e diñeiro. Entre escritura do guión, localizacións, rodaxe e montaxe tardou aproximadamente tres anos en estar lista para ser mostrada ao público.[2]
Argumento
A serie relata as aventuras de varios amigos, nenos e adolescentes, en vacacións de verán nunha localidade da Costa do Sol. Aínda que nunca se nomea a devandita localidade na serie, trátase de Nerja, en Málaga, así como Motril e Almuñécar, en Granada.
Trátase das aventuras dunha cuadrilla composta por cinco rapaces e dúas rapazas de diferentes idades, entre os oito e os dezasete anos, aproximadamente, e dous adultos próximos: unha pintora e un mariño retirado.
Na súa banda sonora recupéranse cancións como "No nos moverán" de Joan Baez ou "Amor de verano" do Dúo Dinámico que volve adquirir popularidade entre o público máis novo en España.
Personaxes
Principais
- Chanquete (Antonio Ferrandis), vello mariñeiro que vive en 'La Dorada 1ª', un barco de pesca habilitado como casa en terra.
- Tito (Miguel Joven), en realidade chámase Francisco e é o máis pequeno da cuadrilla. O actor que lle deu vida, Miguel Joven, tiña só 6 anos e medio cando comezou a rodaxe. Compañeiro de Piraña e irmán de Bea.
- Bea (Pilar Torres), irmá de Tito, é a guapa do grupo, cuxo amor se disputan Javi e Pancho.
- Javi (Juan José Artero) é o líder da cuadrilla. Orgulloso e independente, choca a miúdo co seu pai, defensor da man dura e dos vellos valores.
- Pancho García (José Luis Fernández) é o repartidor dunha tenda de alimentación rexentada polos seus tíos, cos cales vive.
- Piraña (Miguel Ángel Valero) chámase en realidade Manolito, pero chámano deste modo debido á súa voracidade. É enxeñoso e culto, e compañeiro habitual de Tito.
- Quique (Gerardo Garrido), é o mellor amigo de Javi, situado entre os dous rapaces maiores e os dous pequenos, é un personaxe algo esvaecido.
- Desi (Cristina Torres), inseparable amiga de Bea e filla de pais separados, o que na época era toda unha novidade: é comentario habitual entre os pais dos demais rapaces.
- Julia (María Garralón) é unha pintora solitaria de vacacións na vila. Nun dos capítulos revélase o motivo da súa soidade.
Secundarios
Premios e candidaturas
Premios TP de Ouro 1981
Categoría |
Persoa |
Resultado
|
Mellor serie nacional |
Gañadora
|
Mellor actor |
Antonio Ferrandis |
Gañador
|
Fotogramas de Prata 1981
Categoría |
Persoa |
Resultado
|
Mellor intérprete de televisión |
Antonio Ferrandis |
Candidato
|
- Festival de Televisión de Praga (1981).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas