Venus casina
|
Representación de Venus casina
|
Clasificación científica
|
|
Nome binomial
|
Venus casina Linnaeus, 1758 [1]
|
Sinonimia
|
- Referencia:[1]
- Circomphalus casina (Linnaeus, 1758)
- Dosina casina (Linnaeus, 1758)
- Pectunculus membranaceus da Costa, 1778
- Venus casinula Deshayes in Bory de Saint-Vincent, 1833
- Venus consobrina Deshayes, 1853
- Venus discina Lamarck, 1818
- Venus giraudi Gay, 1858
- Venus joenia Benoit & Granata, 1878
- Venus lactea Donovan, 1803
- Venus reflexa Montagu, 1808
- Venus rusterucii Payraudeau, 1826
|
Venus casina Linnaeus, 1758 é unha especie de molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos.
Catacterísticas
Ten a cuncha moi grosa e sólida, globosa, equivalva e inequilateral, coas valvas cunha escultura formada por costelas concéntricas, moi semellante á de Venus verrucosa, pero máis aplanada, coas costelas lamelosas e non tuberculadas e a coloración máis ben amarelada ou con manchas de cor parda avermellada, sendo ademais de menor tamaño, pois non alcanza máis dos 40 mm de diámetro máximo.[2]
Distribución
Venus casina habita nas costas do Atlántico nororiental, desde as illas Británicas até as do sur de Marrocos (Agadir), incluíndo as illas Azores, e o mar Mediterráneo.[1]
En Galicia é unha especie pouco abundante, encontrándose nas rías do Golfo Ártabro e as de Arousa, Pontevedra e Vigo.[2]
Bioloxía
Habita en fondos de areas limpas da rexión infralitoral,[2] e é unha especie que se alimenta por filtración das partículas orgánicas que están en suspensión na auga.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
- Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
Ligazóns externas