Venres 13, segunda parte (en inglés: Friday the 13th Part 2) é un filme estadounidense de 1981 producido e dirixido por Steve Miner. É a sucuela do filme de 1980 Friday the 13th, e o segundo título da franquía cinematográfica. Adrienne King, Betsy Palmer e Walt Gorney retoman os seus papeis do filme orixinal. Amy Steel e John Furey son os protagonistas. A historia ten lugar cinco anos despois dos eventos do primeiro filme, cun acosador descoñecido matando un grupo de conselleiros de campamento preto de Crystal Lake. O filme marca o debut do personaxe de Jason Voorhees como o principal antagonista da serie.
Orixinalmente, Venres 13, segunda parte ía ser un filme antolóxico baseado na superstición do "venres 13". Porén, logo da popularidade do final sorpresa do filme orixinal, os cineastas optaron por continuar a historia e a mitoloxía que rodeaban Camp Crystal Lake, unha tendencia que se repetiría en todas os filmes da franquía.
Estreouse en galego o 29 de abril de 1991 a través da TVG.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas