A variante da Pobra de San Xiao é unha variante ferroviaria de 7 km de lonxitude situada na liña León - A Coruña, no treito entre Lugo e Sarria, que substitúe o antigo trazado que pasaba polo casco urbano da Pobra de San Xiao, no concello lugués de Láncara. Foi inaugurada en 2018.[1]
Historia
O 30 de novembro de 2006 o Ministerio de Fomento anunciou a adxudicación das obras da variante da Pobra de San Xiao á UTE Ferrovial Agromán y Obras Subterráneas, por un total de 90.436.727 euros.[2]
Entrou en servizo o 23 de abril de 2018.[1]
Trazado
A infraestrutura ten unha lonxitude de 7.206 metros de lonxitude pasando polos concellos do Corgo, O Páramo, Láncara e Sarria, que substitúe aos 8.417 metros do anterior trazado. A variante permitiu suprimir un total de 14 pasos a nivel do anterior trazado.[3]
A plataforma está construída para vía dobre pero actualmente está executada unha única vía, a esquerda. Ademais está sen electrificar, para dar continuidade ao resto da liña. Está previsto que no futuro funcione con vía dobre electrificada para levar os servizos de alta velocidade a Lugo.[3]
No trazado hai dous túneles[3]: As Cortes, de 520 metros de lonxitude, e Torrente, de 1.387 metros, executado en vía en placa e con saída de emerxencia. Tamén ten catro viadutos[3]: dous de vigas prefabricadas, de 329,5 e 145,5 metros, e dous de taboleiro de formigón, de 639 e 590 metros. Hai catro pasos inferiores e un paso superior sobre a estrada LU-546.[3]
Ten unha velocidade máxima comercial de 160 km/h, superando os 80–95 km/h do antigo trazado e permitindo unha mellora nos tempos de viaxe.[1]
Características técnicas
Número de vías |
1
|
Lonxitude total |
7.206 m
|
Lonxitude total en túnel |
1.907 m
|
Lonxitude total en viaduto |
1.695 m
|
Ancho de plataforma |
13,3 m
|
Velocidade máxima |
160 km/h
|
Sinalización |
ASFA convencional
|
Notas
Véxase tamén