Uxía García Sabariz, nada en Antas de Ulla en 1912 e finada o 3 de decembro de 2008, foi unha mestra e escritora galega.
Traxectoria
Mestra nacional, exerceu en Vilamaior, Argozón, A Laxe (Lourenzá), Pedraza e Lucindos, até 1973, cando se integrou no Colexio Nacional Mixto Comarcal de Monterroso. Xubilouse en 1982.[1] En 1991 publicou a novela El señorito Piepito asinada co pseudónimo Eugasa, que despois traduciu ao galego. Tamén é autora da novela As ventás sen luz e do poemario Reflexións poéticas.
Obra
- Poesías y cuentos de Galicia (narrativa e poesía, 1962. Co pseudónimo de Eugasa)
- El señorito Piepito (narrativa, 1991. Tradución ao galego O señorito Piepito, 1992)[2]
- Reflexións poéticas (poesía, 1995)
- As ventás sen luz (narrativa, 1997)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía