Foi unha cidade que pertenceu aos arévacos, participou activamente nas guerras celtibéricas (153-133 a.C.), sendo conquistada por Roma no 99 a.C.[3] Máis tarde, apoiou a causa do rebelde romano, Quinto Sertorio,[4] contra a súa propia metrópole, polo que foi destruída por Pompeio o Magno no ano 72 a.C., aínda que o lugar indíxena foi reconstruído pouco despois.
Baixo Tiberio converteuse en municipium empezando un importante proceso de monumentalización, que consistiu na construción dun pequeno foro, unha serie de grandes mansións urbanas, unhas murallas e un verdadeiro barrio fabril a beiras do río Ucero, chegando a cubrir entre o espazo urbano e os arrabaldes unhas 28 hectáreas.
En época dos visigodos no século VI, os bispos, asisten aos Concilios de Toledo.
Coa conquista musulmá no século VIII, aproveitando a vía romana que unía Tiermes con Uxama, foi abandonada até a súa posterior repoboación no 912.
Xacemento
O xacemento, está baixo protección da Consellería de Cultura da Xunta de Castela e León, e todos os anos realízase unha tempada de escavacións estivais conxuntamente co xacemento de Tiermes (Montejo de Tiermes).