Uníos Hermanos Proletarios (UHP), foi unha consigna simbolizada na alianza obreira subscrita pola Federación Socialista Asturiana, a Unión General de Trabajadores e a Confederación Rexional do Traballo de Asturias, León e Palencia da CNT, en febreiro de 1934.
A consigna foi idea de Amador Fernández, destacado dirixente socialista. A esta alianza agregáronse ó pouco as dúas organizacións trotskistas existentes: o Bloc Obrer i Camperol e a Izquierda Comunista de Manuel Grossi. En setembro o PCE pediu o ingreso.
A consigna foi adoptada polos revolucionarios na Revolución de outubro de 1934, pescudando representar a unidade de acción do proletariado asturiano e as súas diversas tendencias.
Máis tarde foi unha proclama habitual do bando republicano e os seus defensores na guerra civil.