A unión de extremos non homólogos (abreviada xeralmente como NHEJ, do inglés Non-homologous end joining) é unha vía de reparación do ADN que arranxa as roturas de dobre febra que sofre o ADN. A NHEJ denomínase "non homóloga" porque as roturas dos extremos son ligadas directamente sen necesidade de que haxa un molde homólogo, en contraste coa reparación dirixida por homoloxía, que require unha secuencia homóloga que guíe a reparación. O termo "unión de extremos non homólogos" foi acuñado en 1996 por Moore e Haber.[1]
A NHEJ utiliza tipicamente curtas secuencias de ADN homólogas chamadas microhomoloxías para que guíen a reparación. Estas microhomoloxías están xeralmente presentes nos tramos de febra simple que sobresaen nos extremos das roturas de dobre febra. Cando estes tramos que sobresaen son perfectamente compatibles, a NHEJ xeralmente repara a rotura de forma precisa.[1][2][3][4] Tamén pode ocorrer unha reparación imprecisa que orixina a perda de nucleótidos, pero é moito máis común cando estes tramos que sobresaen non son compatibles. Unha NHEJ inapropiada pode orixinar translocacións e fusión de telómeros, que son marcas distintivas das células tumorais.[5]
A NHEJ está conservada evolutivamente en todos os reinos da vida e é a vía de reparación de roturas de dobre febra predominante en células de mamíferos.[6] Porén, no lévedo de xemación (Saccharomyces cerevisiae) a recombinación homóloga domina cando o organismo crece en condicións de laboratorio.
Cando se inactiva a vía NHEJ, poden repararse as roturas de dobre febra por unha vía máis tendente ao erro chamada unión de extremos mediada por microhomoloxía (MMEJ). Nesta vía, a resección dos extremos revela curtas microhomoloxías a cada lado da rotura, que son despois aliñadas para guiar a reparación.[7] Isto contrasta coa NHEJ clásica, que usa as microhomoloxías que están xa expostas nos tramos que sobresaen de cadea simple nos extremos con roturas de dobre cadea. A reparación por MMEJ, por tanto, leva á deleción das secuencias de ADN entre as microhomoloxías.
En bacterias
Moitas especies de bacterias, como Escherichia coli, carecen dunha vía de unión de extremos, polo que dependen totalmente da recombinación homóloga para reparar as roturas de dobre febra. Porén, identificáronse proteínas da NHEJ en diversas bacterias, incluíndo Bacillus subtilis, Mycobacterium tuberculosis, e Mycobacterium smegmatis.[8][9] As bacterias utilizan unha versión moi compacta da NHEJ na cal todas as actividades necesarias están contidas en só dúas proteínas: o homodímero Ku e a ligase/polimerase/nuclease LigD multifuncional.[10] En micobacterias, a NHEJ é moito máis tendente ao erro do que en lévedos, e a miúdo engádense bases ou son eliminadas nos extremos das roturas de dobre febra durante a reparación.[9] Moitas das bacterias que posúen proteínas da NHEJ pasan unha porción significativa do seu ciclo de vida nunha fase haploide estacionaria, na cal non se dispón dun molde para a recombinación.[8] A NHEJ puido ter evlucionado para axudar a estes organismos a sobrevivir ás roturas de dobre febra inducidas durante o desecamento.[11] Os bacteriófagos relacionados Corndog e Omega de Mycobacterium smegmatis, tamén codifican os homólogos de Ku e aprovéitanse da vía NHEJ para recircularizar os seus xenomas durante a infección.[12] A diferenza da recombinación homóloga, que foi estudada extensamente en bacterias, a NHEJ foi descuberta orixinalmente en eucariotas e só foi identificada en procariotas na pasada década.
En eucariotas
A diferenza das bacterias, a NHEJ en eucariotas utiliza varias proteínas, que participan nos seguintes pasos:
Unión e fixación dos extremos
En lévedos, o complexo Mre11-Rad50-Xrs2 (MRX) é recrutado nas roturas de dobre febra moi cedo e pénsase que promociona unha ponte que une os dous extremos do ADN.[13] O complexo correspondente en mamíferos Mre11-Rad50-Nbs1 (MRN) está tamén implicado na NHEJ, pero pode funcionar en moitos pasos da vía ademais de simplemente manter próximos os extremos.[14] A DNA-PKcs tamén se pensa que participa na formación de pontes entre os extremos durante a NHEJ de mamíferos.[15]
A proteína Ku eucariota é un heterodímero que consta de Ku70 e Ku80, e forma un complexo coa DNA-PKcs, que está presente en mamíferos pero ausente en lévedos. A Ku é unha molécula con forma de cesta que escorrega sobre o extremo do ADN e se move cara a adiante. A Ku pode funcionar como un sitio de atraque para outras proteínas da NHEJ, e interacciona co complexo da ADN ligase IV e a proteína XLF.[16][17]
Procesamento dos extremos
O procesamento dos extremos implica a eliminación dos nucleótidos danados ou con discordancias na complementariedade por nucleases e a resíntese por ADN polimerases. Este paso non é necesario se os extremos son xa compatibles e teñen os extremos 3' hidroxilo e 5' fosfato.
Sábese pouco sobre a función das nucleases na NHEJ. Unha é Artemis, que cómpre para a abertura das forquitas que se forman nos extremos do ADN durante a recombinación V(D)J, un tipo específico de NHEJ, e pode tamén participar no recortes dos extremos durante a NHEJ xeral.[18] A Mre11 ten actividade de nuclease, pero parece estar implicada na recombinación homóloga, pero non na NHEJ.
As polimerases da familia X das ADN polimerasesPol λ e Pol μ (Pol4 en lévedos) enchen os ocos na febra do ADN durante a NHEJ.[3][19][20] Os lévedos que carecen de Pol4 non poden unir os tramos 3' que sobresaen que se requiren para encher os ocos, pero seguen sendo eficientes para encher os ocos nos tramos 5' que sobresaen.[21] Isto débese a que o cebador terminal usado para iniciar a síntese de ADN é menos estable nos tramos 3' que sobresaen, e necesita unha polimerase da NHEJ especializada.
Ligazón
O clomplexo da ADN ligase IV, consta da subunidade catalítica ADN ligase IV e o seu cofactor XRCC4 (Dnl4 e Lif1 en lévedos), realiza o paso de ligazón da reparación.[22] A proteína XLF, tamén coñecida como Cernunnos, é homóloga da Nej1 de lévedos e tamén é necesaria para a NHEJ.[23][24] Aínda que se descoñece que o papel preciso da proteína XLF, sábese que interacciona co complexo XRCC4/ADN ligase IV e probablemente participa no paso de ligazón.[25] Recentes evidencias suxiren que a XLF promociona a readenilación da ADN ligase IV despois da ligazón, recargando a ligase e permitíndolle que catalice unha segunda ligazón.[26]
Outros
En lévedos, a Sir2 foi identificada orixinalmente como unha proteína da NHEJ, pero agora sábese que é necesaria para a NHEJ só porque cómpre para a transcrición de Nej1.[27]
Regulación
A elección entre a NHEJ e a recombinación homóloga para a reparación de roturas de dobe febra está regulada no paso inicial de resección do extremo 5' na recombinación. Neste paso, a febra 5' da rotura é degradada polas nucleases para crear colas 3' de cadea simple longas. As roturas de dobre febra que non foron extirpadas poden volverse a unir por NHEJ, pero a eliminación de incluso só uns poucos nucleótidos inhibe fortemente a NHEJ e destina a rotura a unha reparación por recombinación.[20] A NHEJ é activa durante todo o ciclo celular, pero é máis importante durante a fase G1 cando se dispón dun molde non homólogo para a recombinación. Esta regulación realízaa a quinase dependente de ciclinaCdk1 (Cdc28 en lévedos), que é "apagada" na fase G1 e expresada nas fases S e G2. A Cdk1 fosforila a nuclease Sae2, permitindo que se inicie a extirpación de nucleótidos.[28]
Recombinación V(D)J
A NHEJ desempeña un papel esencial na recombinación V(D)J, que é o proceso por medio do cal se xera a diversidade dos receptores da célula B e da T no sistema inmunitario dos vertebrados.[29] Na recombinación V(D)J, créanse roturas de dobre febra que rematan en forquita pola nuclease RAG1/RAG2, a cal cliva o ADN nos puntos onde hai secuencias sinal de recombinción.[30] Estas forquitas son despois abertas pola nuclease Artemis e unidas por medio de NHEJ.[18] Unha ADN polimerase especializada chamada desoxinucleotidil transferase terminal (TdT), que só se expresa no tecido linfático, engade nucleótidos sen usar molde aos extremos antes de unir a rotura.[31][32] Este proceso acopla as rexións "variable" (V), "de diversidade" (D), e "de unión" (J), as cales ao ensamblárense orixinan a rexión variable dos xenes dos receptores BCR (de células B) e TCR (de células T). A diferenza da NHEJ celular típica, na cal unha reparación exacta é o resultado máis favorable, a reparación tendente ao ero na recombinación V(D)J é beneficiosa porque maximiza a diversidade na secuencia codificante dos xenes. Os pacientes que preentan mutacións en xenes que interveñen na NHEJ non poden producir células B e T funcionais e sofren unha inmunodeficiencia combinada grave.
Nos telómeros
Os telómeros están normalmente protexidos por unha "caparuza" que lles impide ser recoñecidos como roturas de dobre febra. A perda das proteínas desta caparuza causa o acurtamento dos telómeros e unha unión incorrecta durante a NHEJ, producindo cromosomas dicéntricos (con dous centrómeros), que son separados durante a mitose. Paradoxalmente, algunhas proteínas da NHEJ están implicadas na formación das caparuzas dos telómeros. Por exemplo, a Ku localiza os telómeros e a súa deleción orixina un acurtamento dos telómeros.[33] A Ku tamén é necesaria para o silenciamento subtelomérico, o proceso polo cal os son "apagados" os xenes localizados preto dos telómeros.
Consecuencias da disfunción
Varias síndromes humanas están asociadas cunha NEHJ disfuncional.[34] As mutacións hipomórficas en LIG4 e XLF causan as síndromes LIG4 e XLF-SCID, respectivamente. Estas síndromes teñen moitas características comúns, como a radiosensibilidade celular, microcefalia e inmunodeficiencia combinada grave (SCID, severe combined immunodeficiency) debido a unha recombinación V(D)J defectuosa. As mutacións de perda de función en Artemis causan tamén SCID, pero estes pacientes non mostran os defectos neurolóxicos asociados coas mutacións de LIG4 ou XLF. A diferenza na gravidade pode explicarse polo papel exercido polas proteínas mutadas. Artemis é unha nuclease e crese que só é necesaria para reparar roturas de dobre cadea con extremos danados, mentres que a ADN ligase IV e XLF cómpren para todos os eventos da NHEJ.
Moitos xenes da NHEJ foron sometidos a knockout en ratos. A deleción de XRCC4 ou LIG4 causa letalidade embrionaria en ratos, o que indica que a NHEJ é esencial para a viabilidade dos mamíferos. A diferenza disto, os ratos que carecen de Ku ou de DNA-PKcs son viables, probablemente porque pode haber un baixo nivel de unión de extremos aínda en ausencia destes compoñentes.[35] Todos os ratos mutantes para a NHEJ mostran o fenotipo SCID, sensibilidade á radiación inonizante e apoptose neuronal.
Envellecemento
Desenvolveuse un sistema para medir a eficiencia da NHEJ en ratos.[36] A eficiencia da NHEJ pode compararse entre tecidos dun mesmo rato e entre ratos de distintas idades. A eficiencia é maior en fibroblastos de riles, pulmón e pel, e menor nos fibroblastos do corazón e astrocitos do cerebro. Ademais, a eficiencia da NHEJ diminúe coa idade. Esta diminución é de 1,8 veces a 3,8 veces, dependendo do tecido, no rato de 5 meses de idade comparado co de 24 meses. Unha capacidade reducida da NHEJ pode causar un incremento no número de roturas de dobre febra non reparadas ou defectuosamente reparadas, que poden despois contribuír ao envellecemento[37] (teoría do envellecemento por danos no ADN). Unha análise do nivel da proteína Ku80 do NEHJ en humanos, vacas e ratos indicou que os niveis de Ku80 varían drasticamente entre especies, e que estes niveis están fortemente correlacionados coa lonxevidade das especies.[38]
Lista de proteínas implicadas na NHEJ en células humanas
↑ 3,03,1Wilson, T. E., and Lieber, M. R. Efficient processing of DNA ends during yeast nonhomologous end joining. Evidence for a DNA polymerase beta (Pol4)-dependent pathway. (1999) J" Biol. Chem 274, 23599–23609. doi10.1074/jbc.274.33.23599PMID 10438542
↑ 8,08,1Weller GR, Kysela B, Roy R, et al. (September 2002). "Identification of a DNA nonhomologous end-joining complex in bacteria". Science297 (5587): 1686–9. PMID12215643. doi:10.1126/science.1074584.
↑ 9,09,1Gong C, Bongiorno P, Martins A, et al. (April 2005). "Mechanism of nonhomologous end-joining in mycobacteria: a low-fidelity repair system driven by Ku, ligase D and ligase C". Nat. Struct. Mol. Biol.12 (4): 304–12. PMID15778718. doi:10.1038/nsmb915.
↑Della M, Palmbos PL, Tseng HM, et al. (October 2004). "Mycobacterial Ku and ligase proteins constitute a two-component NHEJ repair machine". Science306 (5696): 683–5. PMID15499016. doi:10.1126/science.1099824.
↑Pitcher RS, Green AJ, Brzostek A, Korycka-Machala M, Dziadek J, Doherty AJ (September 2007). "NHEJ protects mycobacteria in stationary phase against the harmful effects of desiccation". DNA Repair (Amst.)6 (9): 1271–6. PMID17360246. doi:10.1016/j.dnarep.2007.02.009.
↑Chen, L., Trujillo, K., Ramos, W., Sung, P., and Tomkinson, A. E. Promotion of Dnl4-catalyzed DNA end-joining by the Rad50/Mre11/Xrs2 and Hdf1/Hdf2 complexes. (2001) Mol" Cell 8, 1105–1115. PMID 11741545
↑Zha S, Boboila C, Alt FW (August 2009). "Mre11: roles in DNA repair beyond homologous recombination". Nat. Struct. Mol. Biol.16 (8): 798–800. PMID19654615. doi:10.1038/nsmb0809-798.
↑ 18,018,1Ma, Y., Pannicke, U., Schwarz, K., and Lieber, M. R. Hairpin opening and overhang processing by an Artemis/DNA-dependent protein kinase complex in nonhomologous end joining and V(D)J recombination. (2002) Cell 108, 781–794. PMID 11955432
↑Nick McElhinny SA, Ramsden DA (August 2004). "Sibling rivalry: competition between Pol X family members in V(D)J recombination and general double strand break repair" 200: 156–64. PMID15242403. doi:10.1111/j.0105-2896.2004.00160.x.
↑ 20,020,1Daley JM, Laan RL, Suresh A, Wilson TE (August 2005). "DNA joint dependence of pol X family polymerase action in nonhomologous end joining" 280 (32): 29030–7. PMID15964833. doi:10.1074/jbc.M505277200.
↑Daley JM, Laan RL, Suresh A, Wilson TE (August 2005). "DNA joint dependence of pol X family polymerase action in nonhomologous end joining". J. Biol. Chem.280 (32): 29030–7. PMID15964833. doi:10.1074/jbc.M505277200.
↑Ahnesorg P, Smith P, Jackson SP (Jan 2006). "XLF interacts with the XRCC4-DNA ligase IV complex to promote DNA nonhomologous end-joining". Cell124 (2): 301–13. PMID16439205. doi:10.1016/j.cell.2005.12.031.
↑Buck D, Malivert L, de Chasseval R, Barraud A, Fondaneche MC, Sanal O, Plebani A, Stephan JL, Hufnagel M, et al. (Jan 2006). "Cernunnos, a novel nonhomologous end-joining factor, is mutated in human immunodeficiency with microcephaly". Cell124 (2): 287–99. PMID16439204. doi:10.1016/j.cell.2005.12.030.
↑Callebaut I, Malivert L, Fischer A, Mornon JP, Revy P, de Villartay JP. "Cernunnos Interacts with the XRCC4{middle dot}DNA-ligase IV Complex and Is Homologous to the Yeast Nonhomologous End-joining Factor Nej1. J Biol Chem. 2006 May 19;281(20) 13857-60. doi10.1074/jbc.C500473200PMID 16571728
↑Lee SE, Pâques F, Sylvan J, Haber JE (July 1999). "Role of yeast SIR genes and mating type in directing DNA double-strand breaks to homologous and non-homologous repair paths" 9 (14): 767–70. PMID10421582.
↑Schatz DG, Baltimore D (April 1988). "Stable expression of immunoglobulin gene V(D)J recombinase activity by gene transfer into 3T3 fibroblasts" 53 (1): 107–15. PMID3349523.
↑Gilfillan S, Dierich A, Lemeur M, Benoist C, Mathis D (August 1993). "Mice lacking TdT: mature animals with an immature lymphocyte repertoire" 261 (5125): 1175–8. PMID8356452.
↑Komori T, Okada A, Stewart V, Alt FW (August 1993). "Lack of N regions in antigen receptor variable region genes of TdT-deficient lymphocytes" 261 (5125): 1171–5. PMID8356451.
Diskografi MBLAQMBLAQ tampil di Festival Musik Cyworld Dream pada tanggal 23 Juli 2011Album studio1Album kompilasi2Album video4Video musik16Extended play8Singel21Album soundtrack11 Diskografi dari boy band asal Korea Selatan MBLAQ yang berisikan satu album studio, delapan mini album, dua album kompilasi, dan 21 lagu. MBLAQ telah berkecimpung dalam bisnis musik sejak melakukan debut live mereka di M! Countdown pada saluran Mnet dengan lagu debut mereka, Oh Yeah pada tanggal 14 Oktober 2009. Al...
Concours Eurovision de la chanson 1963 Dates Finale 23 mars 1963 Retransmission Lieu BBC Television CentreLondres, Royaume-Uni Présentateur(s) Katie Boyle Directeur musical Eric Robinson Télédiffuseur hôte BBC Ouverture Vues de Londres Entracte Ola et Barbro Participants Nombre de participants 16 Débuts Aucun Retour Aucun Retrait Aucun Pays participants Résultat Chanson gagnante Dansevisepar Grethe & Jørgen Ingmann Danemark Système de vote Un jury par pays, composé de 20 membres...
Dutch admiral (1577–1629) For the Danish mathematician and poet, see Piet Hein (scientist). This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (September 2011) (Learn how and when to remove this template message) Piet HeinBirth namePiet Pietersen HeynBorn(1577-11-25)25 November 1577Delfshaven, County of HollandDied18 June 1629(1629-06-18) (aged 51)Allegian...
Iranian actor Mohammad-Ali Fardinمحمدعلی فردینFardin in 1961BornMohammad-Ali Fardin4 February 1931Tehran, Imperial State of PersiaDied6 April 2000(2000-04-06) (aged 69)Tehran, IranResting placeNumber 10 Grave, Artists Segment, Behesht-e Zahra CemeteryYears active1959–1983Height1.77 m (5 ft 9+1⁄2 in)SpouseMehri KhomaarlooChildren4 Mohammad Ali FardinSportSportFreestyle wrestling Medal record Representing Iran World Championships 1954 Tokyo -73...
Israeli composer and conductor (born 1944) Kobi Oshrat Kobi Oshrat (Hebrew: קובי אשרת; born July 15, 1944) is an Israeli composer and conductor. He composed and conducted the winning entry at the 1979 Eurovision Song Contest Hallelujah sung by the vocal ensemble Milk and Honey. Biography Yaakov (Kobi) Ventura (later Kobi Oshrat) was born in Haifa to parents who had immigrated from Salonika. After an early career on the Israeli stage, in 1969 he began composing and arranging music for ...
La diversité dans le mouvement open source représente l’hétérogénéité des profils des personnes qui font partie du mouvement open source. La faible diversité du mouvement est souvent citée comme un problème[1]. À certains égards, il reflète celui de la disparité de genre dans l’informatique, mais il reste plus accentué. Il en va de même pour la diversité ethnique du mouvement. À l'inverse, les personnes appartenant à une minorité sexuelle y semblent proportionnellement...
La Lettre aux Français est un procédé de communication politique notamment utilisé par des présidents de la République française ayant souhaité adresser un message au peuple français : en 1988 par François Mitterrand (Lettre à tous les Français), en 2012 par Nicolas Sarkozy (Lettre au peuple français), en 2019 et 2022 par Emmanuel Macron. François Mitterrand Candidat à sa réélection à l'issue d'une cohabitation tendue, le président François Mitterrand fait publier un...
American football player (born 1996) American football player Marshon LattimoreLattimore with the Saints in 2021No. 23 – New Orleans SaintsPosition:CornerbackPersonal informationBorn: (1996-05-20) May 20, 1996 (age 27)Cleveland, Ohio, U.S.Height:6 ft 0 in (1.83 m)Weight:192 lb (87 kg)Career informationHigh school:Glenville (Cleveland, Ohio)College:Ohio State (2014–2016)NFL draft:2017 / Round: 1 / Pick: 11Career history New Orleans Saints (...
Katedral LipariKatedral Santo Bartolomeusbahasa Italia: Concattedrale di S. BartolomeoKatedral LipariLokasiLipariNegaraItaliaDenominasiGereja Katolik RomaArsitekturStatusKatedralStatus fungsionalAktifAdministrasiKeuskupanKeuskupan Agung Messina-Lipari-Santa Lucia del Mela Katedral Lipari (bahasa Italia: Basilica concattedrale di San Bartolomeo di Lipari; Duomo di Lipari) adalah sebuah gereja katedral Katolik yang terletak di Lipari di Provinsi Messina, Sisilia, Italia. Katedral ini di...
Sheer, crisp, plain-woven fabric made from silk or synthetics Skirt made from organza Organza bag protecting a plant. Organza is a thin, plain weave, sheer fabric traditionally made from silk. Many modern organzas are woven with synthetic filament fibers such as polyester or nylon. Silk organza is woven by a number of mills along the Yangtze River and in the province of Zhejiang in China. A coarser silk organza is woven in the Bangalore area of India. Deluxe silk organzas are woven in France ...
此條目需要补充更多来源。 (2021年7月4日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:美国众议院 — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 美國眾議院 United States House of Representatives第118届美国国会众议院徽章 众议院旗...
Provincia di Alessandriaprovincia Provincia di Alessandria – VedutaPalazzo Ghilini, sede della Provincia. LocalizzazioneStato Italia Regione Piemonte AmministrazioneCapoluogoAlessandria PresidenteEnrico Bussalino (centro-destra) dal 18-12-2021 Data di istituzione23 ottobre 1859 TerritorioCoordinatedel capoluogo44°54′48″N 8°37′12″E44°54′48″N, 8°37′12″E (Provincia di Alessandria)Coordinate: 44°54′48″N 8°37′12″E44°54′48″N, 8°37′12...
Big Eddy Site23 CE 426Shown within MissouriLocationStockton, Missouri, Cedar County, Missouri, United StatesRegionCedar County, MissouriCoordinates37°43′13.76″N 93°42′58.07″W / 37.7204889°N 93.7161306°W / 37.7204889; -93.7161306HistoryPeriodsArchaic to the Mississippian periodSite notesResponsible body: Private The Big Eddy Site (23CE426) is an archaeological site located in Cedar County, Missouri, which was first excavated in 1997 and is now thre...
American central banking institution Map of the twelve Federal Reserve Districts, with the twelve Federal Reserve Districts enumerated in black circles and the twelve Federal Reserve Banks marked as black squares. Branches within each district are marked as red circles. The Washington, D.C. headquarters is marked with a star enclosed in a black circle. A Federal Reserve Bank is a regional bank of the Federal Reserve System, the central banking system of the United States. There are twelve in ...
K.J. McDanielsMcDaniels con l'uniforme dei Philadelphia 76ersNazionalità Stati Uniti Altezza198 cm Peso93 kg Pallacanestro RuoloGuardia / ala piccola Squadra Pelita Jaya CarrieraGiovanili Central Park Christian School2011-2014 Clemson Tigers Squadre di club 2014-2015 Philadelphia 76ers52 (476)2015-2017 Houston Rockets76 (180)2015-2016→ R.G.V. Vipers16 (246)2017 Brooklyn Nets20 (126)2017 Toronto Raptors0 (0)2017-2018 G. Rapids Drive31 (503)2018-...
Swiss Protestant theologian (1504–1575) Bullinger redirects here. For the surname, see Bullinger (surname). Heinrich BullingerPortrait by Hans Asper, c. 1550Born18 July 1504Bremgarten (Aargau), Canton of Aargau, Old Swiss ConfederacyDied17 September 1575(1575-09-17) (aged 71)Zürich, Canton of Zürich, Old Swiss ConfederacyNationalitySwissOccupation(s)Theologian, antistesSpouseAnna AdlischwylerParent(s)Heinrich Bullinger and Anna WiederkehrTheological workEraRenaissanceTradition or mov...
American college basketball season 2019–20 Samford Bulldogs men's basketballConferenceSouthern ConferenceRecord10–23 (4–14 SoCon)Head coachScott Padgett (6th season)Associate head coachShawn FinneyAssistant coaches Sidney Ball Charles Newton Home arenaPete Hanna CenterSeasons← 2018–192020–21 → 2019–20 Southern Conference men's basketball standings vte Conf Overall Team W L PCT W L PCT East Tennessee State † 16 R...
ريبيكا روميرو (بالإنجليزية: Rebecca Jayne Romero) معلومات شخصية الميلاد 24 يناير 1980 (العمر 44 سنة)لندن الطول 1.82 م (6 قدم 0 بوصة) الجنسية إنجلترا الوزن 73 كـغ (161 رطل) المدرسة الأم جامعة سري الحياة العملية المهنة دراجة على المضمار، ودراجة، ومجدفة نوع السبا...