Unión de extremos mediada por microhomoloxía

A unión de extremos mediada por microhomoloxía ou MMEJ (do inglés microhomology-mediated end joining), tamén chamada unión de extremos non homólogos alternativa (Alt-NHEJ), é unha das vías de reparación do ADN utilizada para reparar roturas de dobre febra no ADN. Segundo McVey e Lee,[1] a propiedade máis distintiva do MMEJ é o uso de secuencias microhomólogas de 5 a 25 pares de bases durante o aliñamento dos extremos rotos antes de unilos, o que ten como resultado delecións (perda de material xenético) que flanquean a rotura orixinal. Deste xeito, a MMEJ asóciase frecuentemente con anormalidades cromosómicas como delecións, translocacións, inversións e outros rearranxos complexos.

Outros dous mecanismos ben coñecidos para reparar roturas de dobre febra son a unión de extremos non homólogos e a recombinación homóloga, que non utilizan este tipo de secuencias microhomólogas para aliñar e despois unir as febras rotas. A MMEJ usa mecanismos de reparación independentes da DNA-PK e da proteína Ku, e a reparación ocorre durante a fase S do ciclo celular, en vez de producirse na fase G0/G1 e inicio da fase S coma na NHEJ e ao final da fase S e G2 coma na recombinación homóloga.

A MMEJ funciona ligando as febras non apareadas colgantes que sobresaen do ADN roto, eliminando os nucleótidos que quedan colgando, e enchendo o oco onde estaban as bases perdidas. Cando ocorre unha rotura, identifícase unha homoloxía de 5 a 25 pares de bases complementarias en ambos os extremos e úsase para aliñar as febras cos extremos discordantes. Unha vez aliñados, elimínase calquera tramo de bases que sobresae (solapas colgantes) e as bases discordantes das febras e insírese calquera nucleótido que se perdera. Como o único modo que ten este método para identificar se as dúas febras están relacionadas está baseado na microhomoloxía augas abaixo/arriba do sitio de rotura, non identifica ningún par de bases que se puidese ter perdido durante a rotura, e elimina nucleótidos (solapas) para ligar os extremos. A MMEJ liga as febras de ADN sen comprobar a coherencia e causa delecións ao eliminar as solapas.

A MMEJ é un método tendente ao erro de reparación e orixina mutacións por deleción na información xenética, o cal pode iniciar a creación de oncoxenes, que poderían orixinar o desenvolvemento dun cancro. Na maioría dos casos a célula usa a MMEJ só cando non é posible usar (ou sería inapropiado) o método NHEJ, debido á desvantaxe que supón a introdución de delecións no xenoma.

Xenes necesarios para a MMEJ

Un sistema de ensaio bioquímico atopou que polo menos son necesarios 6 xenes para a unión de extremos mediada por microhomoloxía, que son: FEN1, Ligase III, MRE11, NBS1, PARP1 e XRCC1.[2] Todos eles están regulados á alza nun ou máis tipos de cancros.

A MMEJ no cancro

O xene da endonuclease FEN1 está sobreexpresado na maioría dos cancros de mama,[3] de próstata,[4] estómago,[5][6] neuroblastomas,[7] pancreático,[8] e de pulmón.[9]

A Ligase III está regulada á alza na leucemia mieloide crónica,[10] mieloma múltiple,[11] e cancro de mama.[12]

O xene da proteína MRE11 sobreesprésase en cancros de mama.[13]

A NBS1 está sobreexpresada nalgúns cancros de próstata,[14] en cancro de cabeza e pescozo,[15] e en carcinoma de células escamosas da cavidade oral.[16]

A polimerase PARP1 está sobreexpresada nas leucemias activadas por tirosina quinase,[17] en neuroblastoma,[18] en tumors testiculares e de células xerminais,[19] e no sarcoma de Ewing.[20]

O xene da proteína XRCC1 sobreexprésase no carcinoma de pulmón de células non pequenas,[21] e nun nivel aínda maior nos ganglios linfáticos non metastáticos do carcinoma de pulmón de células non pequenas.[22] A deficiencia en XRCC1, debida a ser heterocigoto para o xene XRCC1 mutado que codifica unha proteína XRCC1 truncada, suprime o crecemento de tumores en ratos en tres condicións experimentais para inducir tres tipos de cancro (cancro de colon, melanoma ou cancro de mama).[23]

A MMEJ sempre implica polo menos unha pequena deleción, polo que é unha vía mutaxénica.[24] Outras vías poden tamén reparar as roturas de dobre febra do ADN, incluíndo a vía menos inexacta da unión de extremos non homólogos (NHEJ) e vías máis precisas que usan a reparación por recombinación homóloga.[25] Varios factores determinan a vía que se usará para reparar as roturas de dobre febra no ADN.[24] Cando FEN1, a Ligase III, MRE11, NBS1, PARP1 ou XRCC1 están sobreexpresados (isto ocorre con FEN1 cando o seu promotor é hipometilado[3]) a vía de baixa precisión da MMEJ pode ser favorecida, causando unha taxa maior de mutación e un incremento do risco de cancro.

Os cancros son moi a miúdo deficientes na expresión dun ou máis xenes de reparación do ADN, pero a sobreexpresión dun xene de reparación do ADN é menos usual no cancro. Por exemplo, polo menos 36 encimas de reparación do ADN, cando son mutacionalmente defectuosos en células da liña xerminal, causan un incremento do risco de cancro (síndromes cancerosas hereditarias).[26] De xeito similar, frecuentemente polo menos 12 xenes de reparación do ADN se atopan reprimidos epixeneticamente nalgún ou en varios cancros.[26] Ordinariamente, a expresión deficiente dun encima de reparación do ADN causa un incremento de danos no ADN non reparados, os cales, debido aos erros de replicación (síntese translesión), orixina mutacións e cancro. Porén, a reparación MMEJ mediada por FEN1, Ligase III, MRE1, PARP1, NBS1 e XRCC1 é moi inexacta, de modo que neses casos, é a sobreexpresión en lugar da subexpresión a que conduce ao cancro. Isto está apoiado pola observación de que a redución da reparación por MMEJ mediada por XRCC1 mutaxénico leva a unha redución da progresión do cancro.[23]

Notas

  1. McVey M, Lee SE (2008). "MMEJ repair of double-strand breaks (director's cut): deleted sequences and alternative endings". Trends Genet. 24 (11): 529–38. PMID 18809224. doi:10.1016/j.tig.2008.08.007. 
  2. Sharma S, Javadekar SM, Pandey M, Srivastava M, Kumari R, Raghavan SC (2015). "Homology and enzymatic requirements of microhomology-dependent alternative end joining". Cell Death Dis 6: e1697. PMC 4385936. PMID 25789972. doi:10.1038/cddis.2015.58. 
  3. 3,0 3,1 Singh P, Yang M, Dai H, Yu D, Huang Q, Tan W, Kernstine KH, Lin D, Shen B (2008). "Overexpression and hypomethylation of flap endonuclease 1 gene in breast and other cancers". Mol. Cancer Res. 6 (11): 1710–7. PMC 2948671. PMID 19010819. doi:10.1158/1541-7786.MCR-08-0269. 
  4. Lam JS, Seligson DB, Yu H, Li A, Eeva M, Pantuck AJ, Zeng G, Horvath S, Belldegrun AS (2006). "Flap endonuclease 1 is overexpressed in prostate cancer and is associated with a high Gleason score". BJU Int. 98 (2): 445–51. PMID 16879693. doi:10.1111/j.1464-410X.2006.06224.x. 
  5. Kim JM, Sohn HY, Yoon SY, Oh JH, Yang JO, Kim JH, Song KS, Rho SM, Yoo HS, Yoo HS, Kim YS, Kim JG, Kim NS (2005). "Identification of gastric cancer-related genes using a cDNA microarray containing novel expressed sequence tags expressed in gastric cancer cells". Clin. Cancer Res. 11 (2 Pt 1): 473–82. PMID 15701830. 
  6. Wang K, Xie C, Chen D (2014). "Flap endonuclease 1 is a promising candidate biomarker in gastric cancer and is involved in cell proliferation and apoptosis". Int. J. Mol. Med. 33 (5): 1268–74. PMID 24590400. doi:10.3892/ijmm.2014.1682. 
  7. Krause A, Combaret V, Iacono I, Lacroix B, Compagnon C, Bergeron C, Valsesia-Wittmann S, Leissner P, Mougin B, Puisieux A (2005). "Genome-wide analysis of gene expression in neuroblastomas detected by mass screening". Cancer Lett. 225 (1): 111–20. PMID 15922863. doi:10.1016/j.canlet.2004.10.035. 
  8. Iacobuzio-Donahue CA, Maitra A, Olsen M, Lowe AW, van Heek NT, Rosty C, Walter K, Sato N, Parker A, Ashfaq R, Jaffee E, Ryu B, Jones J, Eshleman JR, Yeo CJ, Cameron JL, Kern SE, Hruban RH, Brown PO, Goggins M (2003). "Exploration of global gene expression patterns in pancreatic adenocarcinoma using cDNA microarrays". Am. J. Pathol. 162 (4): 1151–62. PMC 1851213. PMID 12651607. doi:10.1016/S0002-9440(10)63911-9. 
  9. Nikolova T, Christmann M, Kaina B (2009). "FEN1 is overexpressed in testis, lung and brain tumors". Anticancer Res. 29 (7): 2453–9. PMID 19596913. 
  10. Sallmyr A, Tomkinson AE, Rassool FV (2008). "Up-regulation of WRN and DNA ligase IIIalpha in chronic myeloid leukemia: consequences for the repair of DNA double-strand breaks". Blood 112 (4): 1413–23. PMC 2967309. PMID 18524993. doi:10.1182/blood-2007-07-104257. 
  11. Herrero AB, San Miguel J, Gutierrez NC (2015). "Deregulation of DNA double-strand break repair in multiple myeloma: implications for genome stability". PLoS ONE 10 (3): e0121581. PMC 4366222. PMID 25790254. doi:10.1371/journal.pone.0121581. 
  12. Tobin LA, Robert C, Nagaria P, Chumsri S, Twaddell W, Ioffe OB, Greco GE, Brodie AH, Tomkinson AE, Rassool FV (2012). "Targeting abnormal DNA repair in therapy-resistant breast cancers". Mol. Cancer Res. 10 (1): 96–107. PMC 3319138. PMID 22112941. doi:10.1158/1541-7786.MCR-11-0255. 
  13. Yuan SS, Hou MF, Hsieh YC, Huang CY, Lee YC, Chen YJ, Lo S (2012). "Role of MRE11 in cell proliferation, tumor invasion, and DNA repair in breast cancer". J. Natl. Cancer Inst. 104 (19): 1485–502. PMID 22914783. doi:10.1093/jnci/djs355. 
  14. Berlin A, Lalonde E, Sykes J, Zafarana G, Chu KC, Ramnarine VR, Ishkanian A, Sendorek DH, Pasic I, Lam WL, Jurisica I, van der Kwast T, Milosevic M, Boutros PC, Bristow RG (2014). "NBN gain is predictive for adverse outcome following image-guided radiotherapy for localized prostate cancer". Oncotarget 5 (22): 11081–90. PMC 4294365. PMID 25415046. doi:10.18632/oncotarget.2404. 
  15. Yang MH, Chiang WC, Chou TY, Chang SY, Chen PM, Teng SC, Wu KJ (2006). "Increased NBS1 expression is a marker of aggressive head and neck cancer and overexpression of NBS1 contributes to transformation". Clin. Cancer Res. 12 (2): 507–15. PMID 16428493. doi:10.1158/1078-0432.CCR-05-1231. 
  16. Hsu DS, Chang SY, Liu CJ, Tzeng CH, Wu KJ, Kao JY, Yang MH (2010). "Identification of increased NBS1 expression as a prognostic marker of squamous cell carcinoma of the oral cavity". Cancer Sci. 101 (4): 1029–37. PMID 20175780. doi:10.1111/j.1349-7006.2009.01471.x. 
  17. Muvarak N, Kelley S, Robert C, Baer MR, Perrotti D, Gambacorti-Passerini C, Civin C, Scheibner K, Rassool FV (2015). "c-MYC Generates Repair Errors via Increased Transcription of Alternative-NHEJ Factors, LIG3 and PARP1, in Tyrosine Kinase-Activated Leukemias". Mol. Cancer Res. 13 (4): 699–712. PMC 4398615. PMID 25828893. doi:10.1158/1541-7786.MCR-14-0422. 
  18. Newman EA, Lu F, Bashllari D, Wang L, Opipari AW, Castle VP (2015). "Alternative NHEJ Pathway Components Are Therapeutic Targets in High-Risk Neuroblastoma". Mol. Cancer Res. 13 (3): 470–82. PMID 25563294. doi:10.1158/1541-7786.MCR-14-0337. 
  19. Mego M, Cierna Z, Svetlovska D, Macak D, Machalekova K, Miskovska V, Chovanec M, Usakova V, Obertova J, Babal P, Mardiak J (2013). "PARP expression in germ cell tumours". J. Clin. Pathol. 66 (7): 607–12. PMID 23486608. doi:10.1136/jclinpath-2012-201088. 
  20. Newman RE, Soldatenkov VA, Dritschilo A, Notario V (2002). "Poly(ADP-ribose) polymerase turnover alterations do not contribute to PARP overexpression in Ewing's sarcoma cells". Oncol. Rep. 9 (3): 529–32. PMID 11956622. doi:10.3892/or.9.3.529. 
  21. Kang CH, Jang BG, Kim DW, Chung DH, Kim YT, Jheon S, Sung SW, Kim JH (2010). "The prognostic significance of ERCC1, BRCA1, XRCC1, and betaIII-tubulin expression in patients with non-small cell lung cancer treated by platinum- and taxane-based neoadjuvant chemotherapy and surgical resection". Lung Cancer 68 (3): 478–83. PMID 19683826. doi:10.1016/j.lungcan.2009.07.004. 
  22. Kang CH, Jang BG, Kim DW, Chung DH, Kim YT, Jheon S, Sung SW, Kim JH (2009). "Differences in the expression profiles of excision repair crosscomplementation group 1, x-ray repair crosscomplementation group 1, and betaIII-tubulin between primary non-small cell lung cancer and metastatic lymph nodes and the significance in mid-term survival". J Thorac Oncol 4 (11): 1307–12. PMID 19745766. doi:10.1097/JTO.0b013e3181b9f236. 
  23. 23,0 23,1 Pettan-Brewer C, Morton J, Cullen S, Enns L, Kehrli KR, Sidorova J, Goh J, Coil R, Ladiges WC (2012). "Tumor growth is suppressed in mice expressing a truncated XRCC1 protein". Am J Cancer Res 2 (2): 168–77. PMC 3304571. PMID 22432057. 
  24. 24,0 24,1 Liang L, Deng L, Chen Y, Li GC, Shao C, Tischfield JA (2005). "Modulation of DNA end joining by nuclear proteins". J. Biol. Chem. 280 (36): 31442–9. PMID 16012167. doi:10.1074/jbc.M503776200. 
  25. Ottaviani D, LeCain M, Sheer D (2014). "The role of microhomology in genomic structural variation". Trends Genet. 30 (3): 85–94. PMID 24503142. doi:10.1016/j.tig.2014.01.001. 
  26. 26,0 26,1 Bernstein C, Prasad AR, Nfonsam V, Bernstein H. (2013). DNA Damage, DNA Repair and Cancer, New Research Directions in DNA Repair, Prof. Clark Chen (Ed.), ISBN 978-953-51-1114-6, InTech, http://www.intechopen.com/books/new-research-directions-in-dna-repair/dna-damage-dna-repair-and-cancer

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Oiran (花魁code: ja is deprecated ) adalah wanita yang bertugas untuk menghibur pada Zaman Edo. Pada masa sekarang, Oiran sendiri telah menjadi budaya yang dilestarikan. Untuk menjadi seorang Oiran, seorang wanita harus melalui pendidikan keterampilan seperti merangkai bunga, upacara minum teh dan kaligrafi. Seorang Oiran juga harus terampil dalam memainkan alat musik tradisional. Bacaan lanjutan Abinder, Paul (ed.): The Women of the Pleasure Quarter: Japanese Paintings and Prints of the F...

 

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada November 2022. Masetti dengan Che Guevara Jorge José Ricardo Masetti Blanco (lahir 31 Mei 1929), juga disebut sebagai Komandan Segundo, adalah seorang jurnalis dan pemimpin gerilya Argentina. Lahir di Avellaneda, Masetti masuk hutan di Salta dan setelah 21 April 19...

 

 

Swedish ice hockey player (born 1987) Ice hockey player Niklas Hjalmarsson Hjalmarsson with the Chicago Blackhawks in December 2014Born (1987-06-06) 6 June 1987 (age 36)Eksjö, SwedenHeight 6 ft 3 in (191 cm)Weight 197 lb (89 kg; 14 st 1 lb)Position DefenceShot LeftteamFormer teams HV71Chicago BlackhawksHC BolzanoArizona CoyotesHV71National team  SwedenNHL Draft 108th overall, 2005Chicago BlackhawksPlaying career 2004–2023 Niklas Hjalmarsson ...

Hatt-i Humayun yang berisi perintah dari Sultan Abdulmecid Hatt-i humayun dapat diartikan sebagai tulisan tangan yang berisi perintah,[1] biasanya tulisan ini ditulis secara langsung oleh Sultan di kesultanan utsmaniyah[2] namun dapat juga ditulis oleh penasihat/ juru tulis istana dan diberi catatan atau tanda tangan di atas materai sebagai bentuk perintah yang sah dan tidak dapat dibatalkan.[3][4] Deskripsi Pada umumnya hatt-i humayun memiliki ciri khas tulisa...

 

 

العلاقات الكورية الجنوبية الكيريباتية كوريا الجنوبية كيريباتي   كوريا الجنوبية   كيريباتي تعديل مصدري - تعديل   العلاقات الكورية الجنوبية الكيريباتية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين كوريا الجنوبية وكيريباتي.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البل�...

 

 

1869 Liverpool Town Council election ← 1868 November 1, 1869 (1869-11-01) 1870 → 16 seats were up for election: one seat for each of the 16 wards33 (incl. Aldermen) seats needed for a majority Elections to Liverpool Town Council were held on Monday 1 November 1869. One third of the council seats were up for election, the term of office of each councillor being three years. Six of the sixteen wards were uncontested. After the election, the composition of t...

Canadian singer-songwriter (born 1992) Imad RoyalBackground informationBirth nameImad-Roy El-AmineBorn (1992-04-28) April 28, 1992 (age 31)OriginQuebec City, QuebecGenrespopalt-popalternativeelectro-pophip hopR&BelectronicYears active2014–presentLabelsAtlanticWebsiteimadroyal.comMusical artist Imad-Roy El-Amine (born April 28, 1992), known by his stage name Imad Royal, is a Lebanese Canadian electronic R&B singer, producer, and songwriter.[1][2][3] His e...

 

 

Untuk zona Nepal, lihat Zona Lumbini. Lumbini, Tempat Lahir Siddharta GautamaSitus Warisan Dunia UNESCOKriteriaBudaya: iii, viNomor identifikasi666Pengukuhan1997 (ke-21) Ziarah keTempat-tempat suciBuddhisme Empat Tempat Utama Lumbinī Buddhagayā Isipatana Kusinārā Empat Tempat Tambahan Rajgir Sankassa Shravasti Vaishali Tempat lainnya Amaravathi Chandavaram Devadaha Gaya Kapilavastu Kesaria Kosambi Nalanda Pataliputra Pava Varanasi Tempat yang ditambahkan kemudian Gua Ajanta Gua Barab...

 

 

Sporting event delegationIndependent Paralympic Participants at the1992 Summer ParalympicsIPC codeIPPin BarcelonaCompetitors16 in 4 sportsFlag bearerNoneMedalsRanked 26th Gold 4 Silver 3 Bronze 1 Total 8 Summer Paralympics appearances (overview)1992199620002004–2012201620202024Other related appearances Yugoslavia (1972–2000) Serbia and Montenegro (2004) Serbia (2008–) Montenegro (2008–) Independent Paralympic participants were athletes from the Federal Republi...

Questa voce sull'argomento stagioni delle società calcistiche italiane è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Voce principale: Unione Sportiva Palmese 1912. Unione Sportiva PalmeseStagione 1938-1939Sport calcio SquadraUnione Sportiva Palmese 1912 Allenatore Giovanni Vecchina Presidente Pasquale Mauro Serie C7º posto nel girone H. Stadiodel Littorio (2.500) 1937-1938 1939-1940 Si invita a seg...

 

 

Extensive overview of American Airlines airplanes current and historic This article is about the mainline American Airlines fleet, including the historical fleet. For information about the fleet of American's regional operations, see American Eagle (airline brand) § Fleet. American Airbus A320 family aircraft at Phoenix Sky Harbor International Airport As of April 2024[update], the American Airlines fleet consists of 960 mainline aircraft, making it the second-largest comme...

 

 

Questa voce sugli argomenti politici britannici e atleti britannici è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti dei progetti di riferimento 1, 2. Philip Noel-Baker Nazionalità  Regno Unito Atletica leggera Specialità 1500 metri piani Palmarès Competizione Ori Argenti Bronzi Giochi olimpici 0 1 0 Per maggiori dettagli vedi qui   Modifica dati su Wikidata · Manuale Premio Nobel per la pace 1959Philip John ...

Armenian supergroup GenealogyGenealogy at a Eurovision Song Contest 2015 rehearsal(L-R: Tamar Kaprelian, Vahe Tilbian, Inga Arshakyan, Mary-Jean O'Doherty Basmadjian, Essaï Altounian, and Stephanie Topalian)Background informationOriginArmeniaYears active2015Past membersEssaï Altounian (Europe)Tamar Kaprelian (Americas)Vahe Tilbian (Africa)Stephanie Topalian (Asia)Mary-Jean O'Doherty Basmadjian (Oceania) Inga Arshakyan (Armenia)Websitewww.genealogyofficial.com Genealogy was an Armenian super...

 

 

Football match1980 Copa Libertadores de América finalsNacional, championsEvent1980 Copa Libertadores Internacional Nacional 0 1 First leg Internacional Nacional 0 0 Date30 July 1980VenueBeira-Rio, Porto AlegreAttendance70,000Second leg Nacional Internacional 1 0 Date6 August 1980VenueCentenario, MontevideoAttendance65,000← 1979 1981 → The 1980 Copa Libertadores de América finals was the final two-legged tie to determine the Copa Libertadores de América champion. It was conteste...

 

 

Запрос «лейб-гвардии 2-я артиллерийская бригада» перенаправляется сюда. На эту тему нужно создать отдельную статью. 2-я гвардейская пехотная дивизия Годы существования 1813—1918 Страна  Российская империя Входит в Гвардейский корпус Тип Гвардейская пехота Дислокация Са�...

Two staircases in the Vatican Museums, built in 1505 and 1932 Bramante StaircaseThe Momo, modern evolution of 'Bramante' spiral stairs of 1932.Click on the map for a fullscreen viewLocationVatican MuseumsCoordinates41°54′23″N 12°27′16″E / 41.9064°N 12.4544°E / 41.9064; 12.4544 Bramante Staircase is the name given to two staircases in the Vatican Museums in the Vatican City State: the original stair, built in 1505, and a modern equivalent from 1932. The orig...

 

 

Political philosophy and reform movement Part of a series onProgressivism History Atomic Age Age of Enlightenment Industrial Age Information Age Jet Age Machine Age New Culture Movement Progressive Era Space Age Ideas Christianity Civil liberties Cultural liberalism Economic development Broad measures Economic growth Empirical evidence Direct democracy Freedom of movement Human enhancement Idea of Progress Industrialisation Liberation theology Linear history Modernity Philosophical progress P...

 

 

Activity outside regular education Extracurricular redirects here. For the South Korean TV series, see Extracurricular (TV series). For the Croatian film, see Extracurricular (film). The examples and perspective in this article deal primarily with the United States and do not represent a worldwide view of the subject. You may improve this article, discuss the issue on the talk page, or create a new article, as appropriate. (August 2011) (Learn how and when to remove this message) Children at ...

Письменность долины Инда Надписи на печатях из долины Инда Тип письма морфемно-силлабический (иероглифический) Языки прадравидский (?) Территория штаты Пенджаб, Синд в Пакистане, Гуджарат, Раджастхан, Уттар-Прадеш, Харьяна в Индии История Дата создания 2800 до н. э. Период 240...

 

 

Lake located within Gatineau Park of Gatineau, Quebec, Canada This article is about the geographical feature Meech Lake. For the series of proposed amendments to the Constitution of Canada, see Meech Lake Accord. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Meech Lake – news · newspapers · books · scholar ...