A Unión Deportiva Las Palmas Atlético é un club de fútbol español da cidade de Las Palmas, nas Illas Canarias. Foi fundado en 1941 e trátase do equipo filial da UD Las Palmas. Actualmente xoga na Segunda División B, logo de ascender na tempada 2012/13.
Historia
O Las Palmas Atlético foi fundado como tal en 1977 cando consegue o seu primeiro ascenso a Terceira División, aínda que desde 1941 existen precedentes de filiais, cando se fundou como Unión Atlética. En 1958 pasou a chamarse Las Palmas Aficionado.[1]
O equipo militou sempre entre a divisións Terceira e Segunda B, á que ascendeu por primeira vez en 1979, permanecendo tres tempadas consecutivas.
Na tempada 1984/85 alcanzou a final da Copa da Liga de Terceira División, que lle enfrontou á Unión Balompédica Conquense. Tras derrotar como local ao equipo de Cuenca por 2-0, caeu por 4-1 na prórroga do partido de volta.
O último ascenso produciuse na tempada 2007/08. Nesa mesma tempada recuperouse a denominación Las Palmas Atlético, en lugar de Las Palmas B que levaba desde 1991. Na tempada 2008/09 acabou no posto 16 debendo xogar unha eliminatoria de permanencia, que ao ser derrotado polo Sporting de Gijón B, devolveu ao equipo a Terceira División.
Na tempada 2012/13 quedou primeiro do grupo canario de Terceira División e xogou a eliminatoria de ascenso a Segunda División B contra o equipo asturiano CD Tuilla, ao que gañou por un global de 4-1.
- Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias negras.
Datos do club
Historial na liga
Tempada
|
Categoría
|
Posto
|
1941–77
|
Rexional
|
—
|
1977/78
|
3ª
|
5º
|
1978/79
|
3ª
|
1º
|
1979/80
|
2ªB
|
9º
|
1980/81
|
2ªB
|
12º
|
1981/82
|
2ªB
|
20º
|
1982/83
|
3ª
|
1º
|
1983/84
|
3ª
|
3º
|
1984/85
|
3ª
|
7º
|
1985/86
|
3ª
|
2º
|
1986/87
|
3ª
|
2º
|
1987/88
|
2ªB
|
17º
|
1988/89
|
3ª
|
2º
|
1989/90
|
3ª
|
1º
|
1990/91
|
2ªB
|
20º
|
1991/92
|
3ª
|
1º
|
1992/93
|
3ª
|
5º
|
1993/94
|
3ª
|
3º
|
1994/95
|
3ª
|
7º
|
Palmarés
Torneos nacionais
- Copa Federación (1): 1995
- Terceira División Española (7): 1979, 1983, 1990, 1992, 1999, 2000, 2007
- Subcampión da Terceira División (6): (1986, 1987, 1989, 2008, 2010, 2011
- Subcampión da Copa da Liga de Terceira División: 1984-85
Torneos amigables
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas