A Universidade Americana de Beirut (en árabe: الجامعة الأميركية في بيروت; en inglés: American University of Beirut ou AUB[1]) é unha universidade privada non confesional e independente, localizada en Beirut, no Líbano.
Segundo o Webometrics Ranking of World Universities[2] é a universidade nº 1 do país, sendo clasificada no 822º lugar no mundo.
Ten un orzamento operativo de 300 millóns de dólares, cunha dotación de aproximadamente 500 millóns de dólares.[3] O campus está composto por 64 edificios, incluíndo o Centro Médico (anteriormente coñecido como Hospital Universitario Americano), con 420 camas; cinco bibliotecas, tres museos,[4] e sete dormitorios.
Notas