Unha serie de sucesos desafortunados, de Lemony Snicket (en inglés: Lemony Snicket's A Series of Unfortunate Events) é un filme estadounidense dirixido por Brad Silberling que se estreou no 2004. Baséase nos libros de Lemony Snicket The Bad Beginning, The Reptile Room e The Wide Window. Estreouse en galego na TVG o 24 de decembro de 2011.[2]
Sinopse
Violet, Klaus e Sunny Baudelaire, tres nenos orfos, son adoptados por uns estraños parentes e por outras persoas, entre elas Lemony Snicket, que é o narrador da historia. Tamén se fai cargo dos Baudelaire o astuto e cobizoso Conde Olaf cuxo obxectivo é arrebatarlles a herdanza. Violet, a maior, ten catorce anos e é a máis valente dos tres. Klaus, de doce anos, é moi espelido e vive obsesionado co mundo das palabras. Sunny, a pequena, fala nunha linguaxe que só os seus irmáns poden entender e ten tendencia a morder.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2004: Oscar: Mellor maquillaxe. 4 nomeamentos (dirección artística, maquillaxe, vestiario e BSO).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas