Un dos nosos (en inglés: Goodfellas) é un filme estadounidense dirixido por Martin Scorsese que se estreou no ano 1990. É unha adaptación do libro non ficticio 1986 Wiseguy de Nicholas Pileggi, quen tamén co-guionizou o filme xunto con Scorsese. O filme conta o ascenso e caída de Henry Hill, colaborador da familia criminal Lucchese entre 1955 e 1980. Joe Pesci recibiu ó Oscar ó mellor actor secundario pola súa interpretación.
Estreouse en galego na TVG o 3 de xuño de 2013.
Sinopse
Henry Hill (Ray Liotta), fillo de pai irlandés e nai siciliana, é testemuña da vida de poder, honra e respecto que levan os gangsters que habitan no seu barrio, nunha zona de Brooklyn onde son maioría os emigrantes, e que está baixo a protección do patriarca da familia Pauline, Paul Cicero. Henry, ós seus trece anos de idade, desistirá de seguir indo a clase, e fascinado por tal vida mafiosa, entrará a formar parte da organización, comezando por ser un mero mozo dos recados para ir ascendendo de posición a medida que fortalece a confianza que nel depositan os integrantes da hampa local, como o irlandés Jimmy Conway (Robert De Niro) ou o italoamericano Tommy de Vito (Joe Pesci), penetrándose cada vez en negocios máis turbios.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas