Un cuento de Navidad para Le Barroux é un conto da escritora estradense Natalia Sanmartín Fenollera, escrito a petición da abadía beneditina de Notre-Dame de l'Annonciation du Barroux (Vaucluse, Francia), para lelo no refectorio por Nadal. Publicado pola Editorial Planeta en 2020, a historia conta con ilustracións de Michaela Harrison[1].
Argumento
A obra narra a historia dun neno orfo que, despois da morte da súa nai, lle pregunta diariamente a deus se todo o que esta lle ensinara sobre el é verdade. Durante tres anos, o neno pide fronte á estatua da Virxe María baixo a abeleira do seu xardín, que deus lle envíe sinais dende o ceo. É un relato sobre a beleza e o misterio do Nadal.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas