Umberto Tozzi, nado en Turín o 4 de marzo de 1952, é un cantante italiano.
Biografía
Nado en Turín, os seus pais eran emigrantes orixinarios de Rodi Garganico. É o irmán máis novo de Franco Tozzi, cantante de discreta popularidade dos anos 60, co que comezou a dar os seus primeiros pasos a nivel musical, facendo de guitarrista do grupo que o acompañaba nas xiras.
En 1968, ós 16 anos, formou parte de Off Sound, un grupo rockeiro de Turín. En Milán coñeceu a Adriano Pappalardo e forman un grupo de 13 persoas que recorren toda Italia co seu espectáculo musical.
Os anos setenta
En 1974 obtivo o seu primeiro éxito co tema "Un corpo un'anima", escrita con Damiano Dattoli, que despois foi interpretada por Wess e Dori Ghezzi, que ese ano gañaron o concurso "Canzonissima". Co mesmo Dattoli e Massimo Luca formou o grupo I Data, que iniciou o seu camiño co álbum Strada bianca (o seu único disco) lanzado pola casa discográfica de Lucio Battisti, que logrou vender moi poucas copias.