Uhuru, tamén coñecido como Explorer 42 e como SAS 1 (acrónimo de Small Astronomy Satellite 1), foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 12 de decembro de 1970 mediante un foguete Scout B desde a plataforma de lanzamento San Marco.[1][2][3]
Características
Uhuru foi o primeiro da serie de observatorios espaciais SAS para o estudo do ceo en lonxitudes de onda enerxéticas. A misión principal do observatorio foi facer un catálogo de fontes en raios X no rango entre 2 e 20 keV.[1][2][3]
O observatorio tiña forma de cilindro duns 56 cm de diámetro e 116 cm de longo. Do cilindro saían catro paneis solares que proporcionaban case 10 W de potencia e alimentaban unha batería de níquel-cadmio de 6 A-h de capacidade. Uhuru estabilizábase grazas a un volante de inercia e un sistema de control por torque magnético co que poder apuntar o eixo da nave a calquera punto do ceo. Tras finalizar a súa misión, o observatorio reentrou na atmosfera terrestre o 5 de abril de 1979.[1][2][3]
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (10 de febreiro de 2021). "Uhuru" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2021). "SAS" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SAS A (Uhuru, Explorer 42)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 42 (SAS-1)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ Claude Lafleur (2021). "Explorer 42 / SAS 1 / Uhuru" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ "Letter dated 7 April 1971 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (71-06942). 9 de abril de 1971: 2. Consultado o 14 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
Outros artigos