UE Mataró Homs
|
Información xeral
|
Liga
|
EBA
|
Fundación
|
1930
|
Historia
|
Iluro SC (1930−1939) CD Mataró (1939−1991) CB Mataró (1991−2011)
|
Cores
|
Amarelo, violeta
|
Presidente
|
Joan Pi
|
Adestrador
|
Charly Giralt
|
Localización
|
Cidade
|
Mataró, España
|
Pavillón
|
Palau Josep Mora
|
Capacidade
|
2 500
|
uemataro.com
|
A Unió Esportiva Mataró, coñecido por motivos de patrocinio UE Mataró Germans Homs, é un equipo de baloncesto español con sede en Mataró, Cataluña. Actualmente compite no grupo C-1 da Liga EBA. A súa época máis destacada foron as décadas de 1960 e 1970, cando o club competiu durante doce temporadas na 1ª División.
Historia
A Unió Esportiva Mataró ten a súa orixe no ano 1930 cando se crea a sección de baloncesto do Iluro SC e da Agrupación Deportiva Mataró.[1] Despois da Guerra Civil, o Iluro SC convértese no Club Deportivo Mataró, equipo que chega á 1ª División española na temporada 1963−64 con Antoni Serra de adestrador. Na máxima categoría permanece durante doce anos, incluíndo dous descensos e ascensos no camiño. Porén, o club sufriu numerosos problemas económicos que o alonxaron da elite definitivamente. A partir de 1991 o equipo de baloncesto adopta o nome de Club Bàsquet Mataró e, desde o 2011, Unión Deportiva Mataró.
Patrocinios
Por motivos de patrocinio, o Mataró tivo os seguintes nomes ao longo da súa historia na 1ª División:
- Molfort's Mataró (1965−1970)
- Ignis Mataró (1970−1975)
Historial
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas