Tōkyō Goddofāzāzu (東京ゴッドファーザーズ?) é un filme animado xaponés de 2003 escrito e dirixido por Satoshi Kon. É o terceiro filme dirixido por Kon, e o segundo que Kon escribiu e dirixiu. Ao contrario que os outros dous, Tōkyō Goddofāzāzu está protagonizado polas voces de Toru Emori, Yoshiaki Umegaki e Aya Okamoto.
Kon inspirouse no filme estadounidense de 1948 3 Godfathers para facer a súa obra.[3] Ao contrario doutros filmes de Satoshi Kon, Tōkyō Goddofāzāzu non contén elementos de fantasía nin explora temas das liñas entre a ficción e a realidade, senón que se basea máis no realismo.[4][5] Porén, como é típico do traballo de Kon, o filme inclúe mecanismos que non son sinxelos, e o propio Kon chamouno unha historia sentimental retorcida.[6]
Personaxes
Notas