Turdetanos

Situación dos turdetanos.

Os turdetanos foron un pobo ibero que habitaba na Turdetania, rexión que abarcaba o val do Guadalquivir desde o Algarve en Portugal ata Serra Morena, coincidindo cos territorios da antiga civilización de Tartessos. Limitaban ao norte cos túrdulos, ao oeste cos conios e ao leste cos bastetanos. Foron un dos pobos prerromanos da Península Ibérica con maior desenvolvemento tecnolóxico debido ao seu contacto cos cartaxineses.

Orixe

Debido á súa posición xeográfica (beiras do Guadalquivir) e algunhas características diferenciadoras dos Iberos, a este pobo prerromano considéraselles os descendentes de Tartessos.

Segundo os últimos estudos a cultura Tartéssica entraría nun período de decedencia debido a cuestións internas, e non como se pensaba ata agora, en que Cartago destruiría Tartessos por seren aliados dos gregos de Focea, sobre todo debido á falta de minerais que levaría á caída do comercio con Oriente.

Sociedade

A sociedade turdetana atopábase baixo o poder de varias monarquías que constituían estados de tamaño variable a base de ir acumulando poder pero sen unificación política e con tensións variables das que temos mostra nas fortificacións de Tejadala Vieja e Puente Tablas do século V a. C., o cal non significaba que houbese guerras constantes.

Os reis turdetanos aparecen nas fontes clásicas como unha aristocracia militar debido a que os escritores romanos só informaban da península polas guerras. Isto, unido á aparición de varios nomes de persoa de tipo indoeuropeo levou algúns historiadores a facer hipóteses sobre unha casta militar indoeuropea/celta gobernante sobre os estados turdetanos, pero sen ser probada.

A información mais fidenigna sobre a sociedade turdetana provén das súas tumbas. A pesar de que as grandes tumbas de Pozo Moro e Toya non teñen un grande enxoval, outra serie de tumbas semella corrresponder á nobreza con enxovais formados por armas e vasos gregos, carros funerarios ou de guerra, braseiros etc nas necrópoles de El Cigarralejo, Galera, Baza ou El Cabecico del Tesoro; unha terceira clase de tumbas son as cistas pequenas con enxoval pequeno (algún vaso grego, unha falcata). O grupo social máis numeroso e baixo atópase nas tumbas dun simple burato no chan con urna de cerámica común tapada cun prato ou laxa.

Na arte turdetana aparecen só dous grupos sociais, xinetes con armas(en bronces votivos e pinturas cerámicas de Liria) e tamén homes a pé armados. Algúns arqueólogos interpretan como sacerdotes turdetanos certas estatuíñas de homes tonsurados e cun veo ou diadema na cabeza.

Un trazo específico da sociedade turdetana é a servidume colectiva (como os ilotas en Esparta) ou comunitaria, nas que os habitantes dunha poboación pequena estaban suxeitos a unha poboación maior. Quen descubriu esta característica foi M. Vigil, a partir do decreto de Emilio Paulo no 189 a. C., unha lámina de bronce na que o xeneral romano concede a liberdade aos habitantes de Turris Lascutana (un asentamento próximo a Alcalá de los Gazules) que eran servos, e a súa cidade e campos pertencían aos de Hasta Regia (actual Mesas de Asta en Xerez da Fronteira). Mommsen comparou esta situacións cos ilotas de Esparta, que habitaban en aldeas separadas dos espartanos, aínda que Vigil os relacionou co texto de Marco Juniano Justino no que se refire a que o mitolóxico rei tarteso Habis dividira a poboación tartéssica en sete cidades (que anteriores os historiadores interpretaran como grupos sociais e non cidades) e así comprobaríase que existían cidades enteiras de escravos sometidos por outras cidades.

Relixión

Debido á mestura relixiosa e cultural desta cultura é case imposible distinguir entre propio e estranxeiro. Ademais existe pouca información sobre a relixión turdetana (xa que aperece vista desde a óptica grecorromana que escribiron sobre eles). Non obstante hai dous tipos de iconas que fan referencia a dúas divindades turdetanas de nome descoñecido: o chamado señor dos cabalos e unha deusa da terra nutricia, da vida e da morte.

A deusa ibérica aparece representada como unha muller sentada nun trono con ricas vestiduras (poucas veces aparece de pé) e semella ser a divindade principal destes pobos debido a que teñen aparecido máis representacións dela. As máis famosas son as da Dama de Elx, Dama de Baza, Dama de Verdolay, Gran Dama Oferente, así como representacións pintadas na Serreta de Alcoy, o santuario da Luz, Cabecico del Tesoro etc. O deus turdetano cos cabalos aparece en varias representacións, normalmente en relevo, dun home de pé ou sentado, que suxeita dous cabalos a cada lado; atopáronse representación súas en Xaén e no territorio bastetano. Os santuarios turdetanos semellan ser tanto ao aire libre como dentro das súas cidades ou na súa veciñanza, como o de Torreparedones que consta dun edificio monumental cunha pequena habitación aberta cara a unha habitación maior cun piar cental que soportaba unha habitación no piso de arriba e unha columna con capitel decorado de función sagrada (tanto puido servir de elemento de culto como expositor dunha imaxe de culto) nese mesmo patio había unha base de pedra como altar talvez, e dous bancos que servían para deixar exvotos. Entre os santuarios rurais turdetanos están os de Collado de los Jardines e Castellar de Santisteban (Xaén) onde apareceron gran número de exvotos de bronce, terracota e pedra tanto de corpo enteiro como de membros (para agradecer a curación) así como de animais (substitutos permanentes das vítimas de sacrificio).

Debido ao contacto con orientais, as crenzas dos turdetanos semellan estar moi influídas por mitoloxías foráneas, debido á aparición de divindades importadas do Próximo Oriente, entre as cales destacan Melkart, Baal (aparece en Churriana, en Málaga, Medina de Torres e La Aliseda) e Astarté (aparece en Cástulo, necrópole de La Joya, terracotas de Cádiz, no bronce Carriazo, Galera, así como en varios puntos da costa), que os autores clásicos rebautizan co nome de Afrodita ou Hera.

As fontes clásicas interpretan ao seu gusto mitolóxico as manifestacións indíxenas presentando de forma helenizada a realidade turdetana. Estrabón di que Ulises chegou a Turdetania e fundou a cidade de Odysseia na que había un santuario de Atenea (talvez unha deusa da guerra, unha Astarté local?) ou que estas costas están cheas de santuarios a heroes e deuses gregos, como o oráculo de Menesteo ou o santuario a Héspero etc que en realidade son santuarios semíticos preexistentes pero que o escritor fai pasar por gregos.

Economía

Este pobo prerromano atopábase nunha das terras máis fértiles da península, o val do Guadalquivir, así como do máis navegable, o que fixo que os seus excedentes de produción fosen facilmente comerciables con púnicos e gregos. Os primeiros trouxeron outros cultivos (aceite e viño) que aumentaron exponencialmente o valor económico deste pobo. Isto, unido á riqueza mineral da Serra Morena e Almería fixo que a sociedade que ocupaba estas terras tivese un desenvolvemento económico e tecnolóxico superior ao resto dos pobos peninsulares, que levaría a dicir a Estrabón que eran uns dos pobos iberos máis cultos.

Por outra banda, esta abundancia atraeu pobos estranxeiros de oriente, fenicios e gregos, que instalaron factorías e colonias na costa, adicadas á pesca e á industria da salgadura, a través das cales chegaban produtos de luxo que logo os turdetanos exportaban cara ao interior a través dos cursos fluvias cara ao norte. Os excedentes da pesca e da industria auxiliar foron famosos en todo o Mediterráneo, creándose nestas costas a famosa salsa garum (feita a base de fermentación de tripas de pescado) e xa se mencionaban as salgaduras turdetanas de raíz fenicia en Atenas no século IV a. C.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

T-1152 Names Other names TL-1178 Stedman's meta compound Identifiers CAS Number 3983-39-9 Y 3D model (JSmol) Interactive image ChemSpider 18732 PubChem CID 19886 CompTox Dashboard (EPA) DTXSID60960393 InChI InChI=1S/C11H16N2O2.HI/c1-12-11(14)15-10-7-5-6-9(8-10)13(2,3)4;/h5-8H,1-4H3;1HKey: MIAARRZWMRMHIS-UHFFFAOYSA-N SMILES CNC(=O)OC1=CC=CC(=C1)[N+](C)(C)C.[I-] Hazards Lethal dose or concentration (LD, LC): LD50 (median dose) 270 μg/kg (subcutaneous, mice)[1]115 μg/kg (int...

 

Cet article concerne la langue mongole khalkha, officielle en Mongolie. Pour les articles homonymes, voir Mongol (homonymie). Pour le peuple khalkha, voir Khalkhas. Mongolmongol : ᠮᠣᠩᠭᠣᠯᠬᠡᠯᠡ, VPMC : monggol qele, cyrillique : Монгол хэл, MNS : mongol khel Pays Mongolie, Chine, Russie Nombre de locuteurs plus de 6 millions Classification par famille - langues serbi-mongoles (hypothèse) - langues mongoliques - langues mongoles centrales - m...

 

  لمعانٍ أخرى، طالع مارك ويبر (توضيح). هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (يوليو 2019) مارك ويبر معلومات شخصية الميلاد 5 يوليو 1973 (51 سنة)  بيال/بيان  مواطنة سويسرا  الوزن 161 رطل  الحياة العملية ا...

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Desember 2022. Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2022. Untuk ...

 

Rebel in the RyePoster rilis teatrikalSutradaraDanny StrongProduser Bruce Cohen Jason Shuman Danny Strong Molly Smith Trent Luckinbill Thad Luckinbill Ditulis olehDanny StrongBerdasarkanJ. D. Salinger: A Lifeoleh Kenneth SlawenskiPemeran Nicholas Hoult Zoey Deutch Kevin Spacey Sarah Paulson Brian d'Arcy James Victor Garber Hope Davis Lucy Boynton Penata musikBear McCrearySinematograferKramer MorgenthauPenyuntingJoseph KringsPerusahaanproduksiBlack Label MediaDistributorIFC FilmsTanggal ...

 

For other uses, see 7th Reconnaissance Squadron. 397th Bombardment Squadron7th Reconnaissance SquadronRQ-4 Global Hawk Block 40 at SigonellaActive1917–1946; 2015–presentCountry United StatesBranch United States Air ForceRoleReconnaissancePart ofAir Force Combat CommandGarrison/HQNaval Air Station SigonellaEngagements American Antisubmarine TheaterInsignia7th Reconnaissance Squadron emblem397th Bombardment Squadron emblem (approved 5 May 1924)[1][note 1]Mili...

Синелобый амазон Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:ЗавропсидыКласс:Пт�...

 

1919 silent film The DriftersDirected byJesse D. HamptonWritten byKenneth B. ClarkeProduced byJesse D. HamptonStarringJ. Warren KerriganWilliam ConklinLois WilsonCinematographyCharles J. StumarProductioncompanyJesse D. Hampton ProductionsDistributed byPathé Exchange W. W. Hodkinson CorporationRelease dateJanuary 6, 1919Running time50 minutesCountryUnited StatesLanguagesSilentEnglish intertitles The Drifters is a 1919 American silent drama film directed by Jesse D. Hampton and starring J. War...

 

2003 novel by a team with the pseudonym Erin Hunter For the non-fiction book by Jon Krakauer, see Into the Wild (book). Into the Wild First edition coverAuthorErin HunterCover artistWayne McLoughlinCountryUnited KingdomSeriesWarriorsGenreFantasy novelPublisherAvon, HarperCollinsPublication date21 January 2003Media typePrint (hardback & paperback)Pages272 (depending on edition)ISBN978-0-06-000002-8LC ClassPZ7.H916625 In 2003Followed byFire and Ice  Into the Wild is...

Via AsinariaStrade romaneLa Porta AsinariaInformazioni generaliInizioPorta Asinaria FineVilla dei Quintili (?) voci di architetture militari presenti su Wikipedia Modifica dati su Wikidata · Manuale La via Asinaria era un'antica strada romana che partiva dalla Porta Asinaria delle mura aureliane a Roma. Era collegata con la via Latina, in quanto viene riportato che Belisario, durante l'avanzata su Roma, lasciò la via Latina per poter entrare in città dalla Porta Asinaria; quest'ultima...

 

This article is about the literary society. For the book publisher, see National Poetry Foundation. American foundation Poetry FoundationThe foundation's headquarters building in ChicagoFoundedJanuary 1, 2003 (2003-January-01)TypeIndependent literary organizationLocationChicago, Illinois, U.S.Coordinates41°53′43.8″N 87°37′47.9″W / 41.895500°N 87.629972°W / 41.895500; -87.629972ServicesPublication; conferences; libraryKey peopleMichelle Boone,...

 

Bupati PaniaiPetahanaMeki Fritz Nawipasejak 23 November 2018Masa jabatan5 tahun (definitif)Dibentuk2001Pejabat pertama-Situs webpaniaikab.go.id/main/ Berikut ini adalah daftar Bupati Paniai yang menjabat sejak pembentukannya pada tahun 2001. No Bupati Mulai Jabatan Akhir Jabatan Prd. Ket. Wakil Bupati - Zubaer Husein Tidak diketahui 2007 - [Ket. 1] – 1 Naftali YogiS.Sos. 22 Februari 2007 22 Februari 2012 1 [1] Derek PakageS.IP. - Drs.F.A. Gatotkodjo 22 Februari 2012 12 ...

Komando Distrik Militer 1807/Sorong SelatanLambang Korem 181/Praja Vira TamaDibentuk2 Agustus 2020Negara IndonesiaAliansiKorem 181/PVTCabangTNI Angkatan DaratTipe unitKodimPeranSatuan TeritorialBagian dariKodam XVIII/KSRMakodimSorong Selatan, Papua Barat DayaPelindungTentara Nasional IndonesiaMotoMkhafuk MananagoBaret H I J A U MaskotKakatua Jambul KuningTokohKomandanLetkol Inf. Ronald Michael Komando Distrik Militer 1807/Sorong Selatan (disingkat Kodim 1807/Sorsel) merupakan s...

 

Peruvian surfer (born 1983) Sofía MulánovichMulánovich in July 2007Personal informationBornSofía Mulánovich Aljovín (1983-06-24) 24 June 1983 (age 40)Punta Hermosa, Lima, PeruResidenceCaballeros, Punta HermosaHeight5 ft 4 in (163 cm)Weight127 lb (58 kg)Surfing careerBest year2004 – ASP World ChampionCareer earnings$468,100SponsorsRoxy, Red Bull, Movistar, Reef, Al Merrick, LAN airlineMajor achievementsSurfers Hall of Fame inductee 2004, 2019 ISA World Sur...

 

莎拉·阿什頓-西里洛2023年8月,阿什頓-西里洛穿著軍服出生 (1977-07-09) 1977年7月9日(46歲) 美國佛羅里達州国籍 美國别名莎拉·阿什頓(Sarah Ashton)莎拉·西里洛(Sarah Cirillo)金髮女郎(Blonde)职业記者、活動家、政治活動家和候選人、軍醫活跃时期2020年—雇主內華達州共和黨候選人(2020年)《Political.tips》(2020年—)《LGBTQ國度》(2022年3月—2022年10月)烏克蘭媒�...

Lawsuit against Hawaii's prohibition of same-sex marriage Baehr v. MiikeCourtSupreme Court of HawaiiFull case nameNinia Baehr, Genora Dancel, Tammy Rodrigues, Antoinette Pregil, Pat Lagon, Jeseph Mellilo, Plaintiffs-Appelleesv.Lawrence H. Miike, in his official capacity as Director of the Department of Health, State of Hawaii, Defendant-Appellant DecidedDecember 9, 1999Citation(s)Supreme Court of Hawaii No. 20371Case historyPrior action(s)Baehr v. Lewin, 74 Haw. 530, 852 P.2d 44 (1993), recon...

 

Strike Fighter Squadron 143Active20 July 1950 - presentCountry United StatesBranch United States NavyTypeFighter/AttackRoleClose air supportAir interdictionAerial reconnaissancePart ofCarrier Air Wing OneGarrison/HQNAS OceanaNickname(s)Pukin' DogsMotto(s)Sans ReproacheEngagementsVietnam WarGulf WarOperation Southern WatchOperation Enduring FreedomOperation Inherent ResolveDecorationsFFARP trophyTactical Reconnaissance trophyBattle Effectiveness E, 1990Battle Effectiveness E, 1...

 

Burnhope SeatBurnhope Seat SummitHighest pointElevation747 m (2,451 ft)Prominence190 m (620 ft)Parent peakCross FellListingHewitt, Marilyn, NuttallGeographyLocationCumbria and County Durham, EnglandParent rangeNorth PenninesOS gridNY785375Topo mapOS Landranger 91 Burnhope Seat is a high moorland fell in the North Pennines Area of Outstanding Natural Beauty (AONB) in northern England. It lies between the heads of the Rivers Tees, South Tyne and Wear. The summit is cro...

Wickes-class destroyer For other ships with the same name, see USS Stribling. USS Stribling at Venice, Italy, on 10 April 1919 History United States NameStribling NamesakeCornelius Kinchiloe Stribling BuilderFore River Shipyard, Quincy, Massachusetts Laid down14 December 1917 Launched29 May 1918 Commissioned16 August 1918 Decommissioned26 June 1922 Reclassified17 July 1920, DM-1 Stricken1 December 1936 FateSunk as target, January 1937 General characteristics Class and typeWickes-class destroy...

 

Social effect of television portrayals of the legal system Raymond Burr and Barbara Hale as Perry Mason and Della Street from the television series Perry Mason Part of a series onForensic science Physiological Anthropology Biology Bloodstain pattern analysis Dentistry DNA phenotyping DNA profiling Forensic genealogy Entomology Epidemiology Limnology Medicine Palynology Pathology Podiatry Toxicology Social Psychiatry Psychology Psychotherapy Social work Criminalistics Accounting Body identific...