En mecánica dos fluídos, desígnase fluxo turbulento ou simplemente turbulencia ao fluxo dun líquido no que as partículas se mesturan de forma non linear, isto é, de forma caótica con turbulencias e remuíños, en oposición ao fluxo laminar. Nestes casos non se aplica a Lei de Poiseuille. Este tipo de fluxo é ruidoso.
Exemplo de turbulencia
O fume que sae dun cigarro. Se se observa con atención, o fluxo do fume presenta laminar mentres ascende, durante algúns centímetros, para se tornar despois inestable e turbulento;