Truman é un filme hispano-arxentino de 2015 dirixido por Cesc Gay. No 2015, no 63 Festival Internacional de Cine de Donostia, recibe a Cuncha de Prata ao mellor actor, os protagonistas: Ricardo Darín e Javier Cámara.[1] En febreiro de 2016 recibe cinco premios Goya, entre eles o de Mellor filme, mellor dirección (Cesc Gay), mellor interpretación masculina protagonista (Ricardo Darín) e secundaria (Javier Cámara), mellor guión orixinal (Cesc Gay e Tomás Aragay) e mellor montaxe (Pablo Barbieri).
Enredo
O filme trata sobre as vivencias que comparten dous amigos que se atopan cando un deles (Tomás) visita inesperadamente ao outro (Julián). Ambos os dous, mediante o fío condutor do can de Julián ("Truman"), compartirán momentos emotivos e sorprendentes relacionados coa situación complicada que vive este último.
Elenco
Recepción
O filme foi recibido con grandes eloxios. Carlos Boyero, na súa crítica de El País, resalta que «aínda que o que narra é tráxico, o director non renuncia a provocarnos o sorriso, ao ton agridoce, a momentos de comedia, ao humor cáustico. O xeito de contar a historia é precisa, suxestiva, elegante, sutil e complexa» [2]. En Fotogramas, califícana como «unha película amábel, que encantará ao público por evitar intelixentemente o dramón, e apostar pola emoción e a tenrura» [3]. LLuis Bonet, de La Vanguardia, afirma que «Truman parecía ter aberta a porta ao drama lacrimóxeno, mais os seus intelixentes toques de comedia converten o riso nun detonante de sentimentos ocultos» [4].
No estranxeiro tamén recibiu críticas positivas. Gran parte da crítica loa tamén as interpretacións de ambos os dous protagonistas. Boyero describiu a interpretación de Darín como «un recital inesquecíbel». Beatriz Martínez, de El Periódico, constata que «Ricardo Darín e Javier Cámara bordan o seu traballo nunha película sutil e afastada do sentimentalismo doado» [5].
Palmarés
O filme ten recibido numerosos premios e nomeamentos, nos que salientan:
- 30.ª edición dos Premios Goya
Notas