O Tropicana Field, habitualmente coñecido como The Trop, é un parque de béisbol con cúpula situado na cidade de St. Petersburg, Florida (Estados Unidos). É o estadio local dos Tampa Bay Rays da Major League Baseball (MLB) desde a fundación franquía en 1998. Alén do béisbol, tamén é usado para o fútbol americano universitario. Actualmente, é o único recinto das Liga Maiores con cúpula non retráctil, sendo por tanto o único estadio permanentemente cuberto da competición. É ademais o estadio con menor capacidade da MLB, pois unha gran parte dos seus asentos están cubertos cunha lona na maior parte dos xogos dos Rays.
Inaugurado en 1990, o primeiro nome do estadio foi o de Florida Suncoast Dome. Cando os Tampa Bay Lightning da National Hockey League se trasladaron ás instalacións, o nome foi mudado a ThunderDome.[1].Permaneeu así até 1996 cando se trasladaron ao seu novo estadio, o Amalie Arena. En outubro de 1996 a compañía de zumes Tropicana Products asinou un contrato por 30 anos polos dereitos de nome do estadio.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas