A troita á navarra é un prato clásico da cociña navarra.[1][2] Existen innumerábeis receitas deste tipo de peixe, pero por regra xeral consiste en encher a troita con faragullas de xamón e fritilo nunha tixola. Nalgunhas preparacións, en lugar de encher o peixe de xamón,[3] envólvese este con liscos de xamón (empregando un escarvadentes que suxeita o conxunto). Noutras versións emprégase o touciño.[4]