A tribuna[1] é a galería, solaina ou balcón elevado que hai nalgunhas igrexas desde a cal se pode asistir ós actos relixiosos. Adoita situarse no primeiro andar, por riba das naves laterais dos templos, coa súa mesma lonxitude e largura e aberta á nave central, onde só poden situarse os fieis. As tribunas servían para que personalidades ilustres asistisen ao culto sen entraren en contacto coa plebe. O lugar elevado de onde falan os oradores, chámase tamén tribuna ou púlpito.
Nun estadio, a tribuna ou estrado é unha plataforma formada por chanzos para que se instalen nela os espectadores dun acto ou espectáculo (bancada), en especial as autoridades. Posibilita unha mellor visión dos espectadores para o espectáculo[2].
Na Antigüidade, a tribuna ou estrado era unha plataforma elevada, xeralmente con asentos reservados, onde asistían ós espectáculos as persoas con maiores responsabilidades, e onde falaban os oradores en debates parlamentarios, cerimonias, conferencias etc.
Galería de imaxes
Interior da Igrexa de Hagia Sophia. A tribuna é a solaina do primeiro andar, por baixo do claristorio.