Tribolium castaneum

Tribolium castaneum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Tenebrionidae
Xénero: Tribolium
Especie: Tribolium castaneum
(Herbst, 1797)
Sinonimia

Numeroso, ver texto

Tribolium castaneum é unha especie de escaravello tenebriónido, un dos denominados escaravellos da fariña (xunto con Tenebrio molitor e outros Tribolium). É unha praga en todo o mundo de produtos alimenticios almacenados, especialmente grans de cereais e un organismo modelo para estudos etolóxicos e de seguridade alimentaria.[1]

Descrición

Adulto

Os escaravellos adultos son pequenos, de arredor de 3-4 mm de longo, dunha cor negra ou marrón uniforme.[2] A cabeza e o pronoto son ás veces máis escuras que o resto do corpo.

Ecoloxía

Ataca grans de cereais almacenados e outros produtos alimenticios, como fariña, pasta, galletas, feixóns e noces, causando perdas e danos. As Nacións Unidas nun recente compendio post-colleita, estimou que Tribolium castaneum e Tribolium confusum son "as dúas pragas secundarias máis comúns de todas as mercadorías de plantas en almacenamento en todo o mundo."[3]

Tribolium castaneum visto baixo o microscopio

Distribución e hábitat

A especie é de orixe indo-australiana e con menos capacidade de sobrevivir fóra das casas que outras especies moi relacionadas como Tribolium confusum. Como consecuencia, ten unha distribución máis meridional, aínda que ambas as especies están espalladas por todo o mundo en ambientes quentes ou calefactados. O adulto ten unha vida longa, ás veces de máis de tres anos. Aínda que antes se pensaba que era un insecto relativamente sedentario, os estudos moleculares e ecolóxicos mostraron que se dispersa a considerables distancias voando.[4]

Poliandria

As femias teñen un comportamento reprodutor poliándrico. Nun só período de copulación unha femia aparéase con múltiples machos. Un macho pode ter un reconto de esperma baixo e esgota as súas reservas nos primeiros apareamentos, polo que as femias, ao apareárense con varios deles incrementan a probabilidade de obter unha cantidade adecuada de esperma.[5]

Posibles vantaxes

Aínda que múltiples eventos de apareamento poden tamén incrementar a probabilidade de atopar un esperma xeneticamente compatible, a compatibilidade xenética non sempre é un factor importante que leve a un comportamento poliandrico.[5] O incremento da viabilidade dos embrións debido a un aumento da compatibilidade xenética non incrementa significativamente o número de escaravellos adultos co tempo, o cal indica que non xoga un papel significativo na fitness do conxunto da poboación.[5] Porén, un incremento da compatibilidade xenética podería elevar a diversidade xenética da poboación, o cal pode ser vantaxoso en situacións de rápido cambio ambiental.[6]

Posibles desvantaxes

Competición dos machos

A dispoñibilidade de recjursos e o tamaño da poboación poden afectar grandemente ao númerode apareamentos nos que pode participar un individuo. O incremento do tamaño da poboación dentro dunha área dada con recursos fixos pode limitar a cantidade de descendencia pode sobrevivir.[6] Isto pode ter como resultado unha forte competición entre machos para ser o último apareamento da femia, o cal supón unha vantaxe, xa que o exaculado dun apareamento pode ser retirado durante os seguintes apareamentos.[7] Cando os recursos son limitados, o incremento do canibalismo de ovos entre machos en competencia pode finalmente facer diminuír a fitness da poboación no seu conxunto, xa que fai diminuír tanto a produción coma a supervivencia da descendencia.[6]

Fitness da descendencia

A capacidade do macho de atraer femias (por medio de feromonas) está baseado na xenética. Porén, unha maior atractividade non se correlaciona cunha maior fitness da descendencia. Os xenes para ter máis feromonas atractivas non son un indicador fiable de que o macho tamén teña xenes para mellorar a supervivencia da descendencia.[8]

Elección de parella

As femias de diferentes poboacións son altamente poliándricas, mentres que outras evitan ter múltiples parellas. Isto pode indicar que a vantaxe ou desvantaxe global varía igualmente dun ambiente a outro.[6]

As estratexias de elección de parella varían entre as femias desta especie. Ademais, teñen a capacidade de elección críptica: o uso de múltiples receptáculos de esperma para almacenar esperma de diferentes machos, o que permite unha escolla posterior de cal usar.[9]

A elección de parella tamén varía entre machos, aínda que en xeral prefiren femias virxes maduras (identificadas pola ausencia de calquera cheiro de secrecións deixadas por previos machos). Se unha femia ten só unha parella e o seu reconto de esperma é suficiente, ese macho ten unha posibilidade moi alta de enxendrar descendencia con ela.[7] Os machos cunha maior capacidade de identificar as parellas preferidas teñen unha vantaxe,[7] como tamén os machos con secrecións máis fortemente cheirentas que disuaden a posteriores machos.[6]

Selección sexual

As poboacións experimentais destes escaravellos que foron sometidas a unha forte selección sexual durante moitos anos fanse resistentes á extinción e ademais, cando estaban suxeitos a endogamia, mantiñan a fitness ata en 20 xeracións.[10] En contraste, as liñaxes derivadas de poboacións que experimentan unha selección sexual feble ou inexistente mostraban un rápido declive da fitness baixo endogamia, e todas esas pobaocións acabaron extinguíndose en 10 xeracións. Estes resultados indicaban que a selección sexual reduce a carga mutacional e ao facelo mellora a viabilidade da poboación.[10]

Poligamia

A poligamia nesta especie é un comportamento común tanto en machos coma en femias. A poliandria é a poligamia das femias con verios machos, que xa se discutiu máis arriba. A polixinia é a poligamia practicada polos machos da poboación con varias femias.

Poligamia en poboacións que carecen de diversidade xenética

As femias de T. castaneum que teñen un comportamento polígamo producen máis descendencia que as que son menos polígamas. A poligamia obsérvase principalmente en poboacións que carecen de diversidade xenética. A poligamia en poboacións menos diversas xeneticamente é un medio de evitar a fecundación entre escaravellos que están estreitamente emparentados, xa que poden ser xeneticamente incompatibles.[11] Cantas máis parellas teña un macho ou unha femia, maiores son as posibilidades de que polo menos un dos apareamentos sexa cunha parella non emparentada e maior será a diversidade xenética da descendencia. Deste modo, a incompatibilidade xenética é reducida e increméntase a diversidade na poboación. Por esta razón, as femias copulan con máis machos cando a diversidade xenética é baixa para ter éxtito na fecundación e tamén aumentar a eficacia biolóxica (fitness) na proxenie que van ter.

Porén, nalgúns estudos observouse que a fecundación pode aínda producirse cando se aparean escaravellos emparentados. Non obstante, hai que salientar que se produce un número significativamente menor de descendentes cando se aparean escaravellos emparentados que cando non o están. A fecundación con éxito observada nunha pequena proporción dos estudos realizados entre escaravellos emparentados levou a que algúns afirmasen que podería non haber depresión por endogamia en T. castaneum.[12] Pero non todos están de acordo porque aínda que haxa éxito na fecundación, obsérvase que se produce un menor número de proxenie, o cal se pode explicar como un tipo de depresión por endogamia dado que diminúe a eficacia reprodutiva.

Durante o apareamento estes escaravellos teñen un comportamento polígamo. Os machos recoñecen os seus parentes, mentres que as femias non teñen esa capacidade. Esta falta de capacidade fai que as femias se apareen con calquera macho da poboación.[12] As femias tamén poden almacenar esperma despois de apareárense. Canto máis esperma se almacena no primeiro apareamento, menos se almacena nos seguintes apareamento. Porén, a cantidade de esperma almacenado non evita que o último macho fertilice o ovo.[13] Isto débese a que con cada apareamento, os machos poden retirar o esperma previamente almacenado, dando así ao seu propio esperma unha vantaxe para fecundar o ovo.

Polixinia e éxito da fertilización

Os machos poden ter un comportamento polígamo para evitar a depresión por endogamia, especialmente cando os machos compiten entre si. Teñen maior éxito na fecundación os machos non emparentados que os emparentados cando compiten por fecundar a mesma femia.[14]

Nos escaravellos polígamos o macho que se aparea coa femia en último lugar acaba tendo máis éxito á hora de fecundar. A poligamia pode, pois, considerarse como un resultado evolutivo da competencia entre os machos para ser o último que se aparea e fecunda os ovos e contribuír máis á seguinte xeración. A precedencia do esperma é así un medio de competición evolutiva polo cal os machos tratan de conseguir un maior éxito reprodutivo.[15]

Como organismo modelo

T. castaneum é un importante organismo modelo en estudos de xenómica funcional e do desenvolvemento. Comparado con Drosophila, este escaravelo representa máis exactamente o desenvolvemento doutros insectos.[16] En 2008 secuenciouse o xenoma de T. castaneum, analizouse e comparouse co doutros organismos como a mosca Drosophila. Viuse que T. castaneum e Drosophila comparten uns 10 000-15 000 xenes. Malia todo, teñen tamén algunhas diferenzas. Durante o desenvolvemento o padrón anterior-posterior corporal é normalmente regulado polo xene bicoid (bicoide) de Drosophila. Porén, no escaravello non hai un ortólogo de bicoid, senón que os xenes orthodenticle (ortodentículo) e hunchback (xiba) substitúen a bicoid para o establecemento do padrón anterior.[16]

T. castaneum é especialmente útil para facer experimentos de RNAi (interferencia de ARN). Na RNAi uns ARNs que degradan transcritos e ARNm causan a desaparición por knock-down da función de xenes. Comparado co que ocorre en Drosophila, a RNAi ten unha maior resposta nestes escaravellos, o que os fai ideais para os experimentos de knock-down.[17]

A tecnoloxía CRISPR foi moi útil no estudo de T. castaneum. Nun experimento utilizouse a CRISPR para realizar o knock-out do xene da E-cadherina. A E-cadherina é unha proteína unida a membranas das células epiteliais implicada na adhesión célula-célula.[18] Isto tivo como resultado diversas alteracións do desenvolvemento embrionario no peche dorsal. O knock-down de xenes por RNAi da E-cadherina mostrou o mesmo efecto.[19] Isto mostra que a tecnoloxía CRISPR e a edición (modificación) de xenes son opcións viables para estudar este escaravello como organismo modelo de insectos.

Sinónimos

Os sinónimos de Tribolium castaneum (Herbst) son:[20][21]

  • Colydium castaneum Herbst, 1787
  • Margus castaneus Dejean, 1833
  • Phaleria castanca Gyllenhal, 1810
  • Stene ferruginea Westwood, 1839
  • Tenebrio castaneus Schönherr, 1806
  • Tribolium ferrugineum , Wollaston, 1854
  • Tribolium navale (Fabricius, 1775)
  • Uloma ferruginea Dejean, 1821

Os seguintes nomes foron citados como sinónimos de T. castaneum por algúns autores, pero en realidade refírense a outras especies:[20]

  • Dermestes navalis Fabricius, 1775
  • Ips cinnamomea Herbst, 1792
  • Ips testacea Fabricius, 1798
  • Lyctus navalis (Fabricius, 1775)
  • Margus ferrugineus Kuster, 1847
  • Stene ferruginea Stephens, 1832
  • Tenebrio bifoveolatus Duftschmid, 1812
  • Tenebrio ferrugineus Fabricius, 1781
  • Tenebrio ochraceous Melsheimer, 1806
  • Trogosita ferruginea (Fabricius, 1781)
  • Uloma ochracea
  • Uloma rubens Dejean, 1836

Notas

  1. Grünwald, S.; et al. (2013). "The Red Flour Beetle Tribolium castaneum as a Model to Monitor Food Safety and Functionality". Adv Biochem Eng Biotechnol. Advances in Biochemical Engineering/Biotechnology 135: 111–122. ISBN 978-3-642-39862-9. PMID 23748350. doi:10.1007/10_2013_212. 
  2. Good, Newell E. (1936). "The flour beetles of the genus Tribolium" (PDF). USDA Report 498: 1–58. 
  3. Sallam, M.N. (2008). "Insect damage: damage on post-harvest" (PDF). In Compendium on Post-harvest Operations. 
  4. Ridley, A.; et al. (2011). "The spatiotemporal dynamics of Tribolium castaneum (Herbst): adult flight and gene flow". Molecular Ecology 20 (8): 1635–1646. PMID 21375637. doi:10.1111/j.1365-294X.2011.05049.x. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Pai, Aditi; Bennett, Lauren; Yan, Guiyun (2005). "Female multiple mating for fertility assurance in red flour beetles (Tribolium castaneum)". Canadian Journal of Zoology 83 (7): 913–919. doi:10.1139/z05-073. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Pai, Aditi; Feil, Stacy; Yan, Guiyun (2007). "Variation in polyandry and its fitness consequences among populations of the red flour beetle, Tribolium castaneum". Evolutionary Ecology 21 (5): 687–702. doi:10.1007/s10682-006-9146-4. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Arnaud, Haubruge, L,E (1999). "Mating Behavior and Male Mate Choice in Tribolium castaneum (Coleoptera, Tenebrionidae)". Behaviour 136: 67–77. doi:10.1163/156853999500677. 
  8. Boake, Christine R. B. (1985). "Genetic Consequences of Mate Choice: A Quantitative Genetic Method for Testing Sexual Selection Theory". Science 227 (4690): 1061–1063. Bibcode:1985Sci...227.1061B. PMID 17794229. doi:10.1126/science.227.4690.1061. 
  9. Fedina, T. Y.; Lewis, S. M. (2004). "Female influence over offspring paternity in the red flour beetle Tribolium castaneum". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 271 (1546): 1393–1399. PMC 1691742. PMID 15306338. doi:10.1098/rspb.2004.2731. 
  10. 10,0 10,1 Lumley AJ, Michalczyk Ł, Kitson JJ, Spurgin LG, Morrison CA, Godwin JL, Dickinson ME, Martin OY, Emerson BC, Chapman T, Gage MJ. Sexual selection protects against extinction. Nature. 2015 Jun 25;522(7557):470-3. doi: 10.1038/nature14419. Epub 18 de maio de 2015. PMID: 25985178
  11. Welsh Jennifer. (2011)."Inbreeding makes female beetles frisky." Live Science.
  12. 12,0 12,1 Tyler, F; Tregenza, T (2012). "Why do so many flour beetle copulations fail?". Entomologia Experimentalis et Applicata 146: 199–206. doi:10.1111/j.1570-7458.2012.01292.x. 
  13. Lewis, Jutkiewicz (1998). "Sperm Precedence and sperm storage in multiply mates red flour beetles". Behavioral Ecology and Sociobiology 43 (6): 365–369. doi:10.1007/s002650050503. 
  14. Michalczyk, L; Martin, O; Millard, A; Emerson, B; Gage, M (2010). "Inbreeding depresses sperm competitiveness, but not fertilization or mating success in male Tribolium castaneum". Proceedings of the Royal Society B 277 (1699): 3483–3491. PMC 2982220. PMID 20554548. doi:10.1098/rspb.2010.0514. 
  15. Arnaud, L; Gage, M; Haubruge, E (2001). "The dynamics of second- and third-male fertilization precedence in Tribolium castaneum". Entomologia Experimentalis et Applicata 99: 55–64. doi:10.1046/j.1570-7458.2001.00801.x. hdl:2268/217833. 
  16. 16,0 16,1 Richards, S. Gibbs, R. Weinstock, G. 2008. The genome of the model beetle and pest Tribolium castaneum. Nature. 452: 949-955.
  17. Kumar, H. Panigrahi, M. Chhotaray, S. 2018. Red flour beetle (Tribolium castaneum): From population genetics to functional genomics. Veterinary World. 11(8): 1043-1046
  18. Reference, Genetics Home. "CDH1 gene". Genetics Home Reference (en inglés). Consultado o 2019-05-30. 
  19. Gilles, A. Schinko, J. Averof, M. 2015. Efficient CRISPR-mediated gene targeting and transgene replacement in the beetle Tribolium castaneum. Development.
  20. 20,0 20,1 Good, M.E. (1936). The flour beetles of the genus Tribolium. United States Department of Agriculture Technical Bulletin No. 498. Washington: United States Government Printing Office. 
  21. Pope, R.D. (1986). "Tribolium castaneum (Herbst, 1797) (Insecta, Coleoptera): proposed conservation by the suppression of Tribolium navale (Fabricius, 1775) Z.N.(S.)2575". Bulletin of Zoological Nomenclature 43 (4): 363–365. doi:10.5962/bhl.part.470. 

Ligazóns externas

Read other articles:

Questa voce o sezione sull'argomento strumenti musicali non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Chitarra flamencaParticolare della tavola armonica di una chitarra flamencaInformazioni generaliOrigineSpagna Classificazione321.322-5 Cordofoni composti, con corde parallele alla cassa armonica, a pizz...

 

Alice NineInformasi latar belakangAsalTokyo, JepangGenreRockHard rockPop rockVisual keiTahun aktif2004–sekarangLabelPS CompanyKing RecordsTokuma Japan CommunicationsCLJ RecordsUniversal Music GroupSitus webAlice Nine official websiteAnggotaShouHirotoToraSagaNao Alice Nine (アリス九號.code: ja is deprecated , sebelumnya sebagai alicenine.) adalah grup musik visual kei yang terbentuk di Tokyo, Jepang pada tahun 2004. Pada awalnya mereka menandatangani kontrak dengan PS Company, sebuah su...

 

American punk rock band Not to be confused with Descendants (2015 film) or Descendents (2008 film). For other uses, see Descendant. DescendentsDescendents performing at the Fillmore Auditorium in 2022. Left to right: Egerton, Aukerman, Stevenson (behind drum kit), and Alvarez.Background informationOriginManhattan Beach, California, U.S.Genres Punk rock hardcore punk melodic hardcore skate punk DiscographyDescendents discographyYears active 1977–1987 1995–1997 2002–2004 2010–present La...

Pour les articles homonymes, voir FEM. Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. Certaines informations figurant dans cet article ou cette section devraient être mieux reliées aux sources mentionnées dans les sections « Bibliographie », « Sources » ou « Liens externes » (septembre 2023). Vous pouvez améliorer la vérifiabilité en associant ces informations à des références à l'aide d'appels de notes. Solution...

 

Pallacanestro VaresePallacanestro Segni distintivi Uniformi di gara Casa Trasferta Colori sociali Bianco e rosso Dati societari Città Varese Nazione  Italia Confederazione FIBA Europe Federazione FIP Campionato Serie A Fondazione 1945 Denominazione Pallacanestro Varese(1945-oggi) Proprietario Luis Scola Varese Sports And Entertainment S.r.l. Varese nel cuore s.c. a r.l. Il Basket Siamo Noi Presidente Antonio Bulgheroni Allenatore Tom Bialaszewski Impianto Palasport Lino Oldrini(5,107 p...

 

Taça Brasil 1963 Competizione Taça Brasil Sport Calcio Edizione 5ª Organizzatore CBD Date dal 7 agosto 1963al 19 gennaio 1964 Luogo  Brasile Partecipanti 20 Risultati Vincitore Santos(3º titolo) Secondo Bahia Statistiche Miglior marcatore Ruiter(Confiança), 9 gol Incontri disputati 45 Gol segnati 120 (2,67 per incontro) Cronologia della competizione 1962 1964 Manuale La Taça Brasil 1963 (in italiano Coppa Brasile 1963) è stata la 5ª edizione del torneo. Vi part...

1975 Soviet test spaceflight Kosmos 772 (Russian: Космос 772 meaning Cosmos 772) was an uncrewed military Soyuz 7K-S test. It was an unsuccessful mission as only one transmitter worked. Only the 166 MHz frequency transmitter operated, all of the other normal Soyuz wavelengths transmitters failed. [1][2] The experience from these flights were used in the development of the successor program Soyuz spacecraft the Soyuz 7K-ST.[3] [4][5][6][...

 

1929 film The Locked DoorTheatrical release posterDirected byGeorge FitzmauriceWritten by George Scarborough Earle Browne Screenplay byC. Gardner SullivanBased onThe Sign on the Doorby Channing PollockProduced by Joseph M. Schenck Joseph P. Kennedy Starring Rod LaRocque Barbara Stanwyck William Stage Boyd Betty Bronson CinematographyRay JuneEdited byHal KernProductioncompanyFeature ProductionsDistributed byUnited ArtistsRelease date November 16, 1929 (1929-11-16) (USA) Runn...

 

Uruguayan footballer and coach (1917-2004) In this Spanish name, the first or paternal surname is Máspoli and the second or maternal family name is Arbelvide. Roque Máspoli Máspoli as Peñarol goalkeeperPersonal informationFull name Roque Gastón Máspoli ArbelvideDate of birth (1917-10-12)12 October 1917Place of birth Montevideo, UruguayDate of death 22 February 2004(2004-02-22) (aged 86)Place of death Montevideo, UruguayHeight 1.89 m (6 ft 2 in)Position(s) Goa...

Politik dan pemerintahan of Hong Kong Hukum Dasar Hak asasi manusia Eksekutif Kepala Eksekutif Carrie Lam Kepala Sekretaris Matthew Cheung Sekretaris Keuangan Paul Chan Sekretaris untuk Kehakiman Teresa Cheng Dewan Eksekutif Konvenor: Bernard Chan Biro, departemen, dan lain-lain Dinas Sipil Hong Kong Legislatif Dewan Legislatif Presiden: Andrew Leung Yudikatif Pengadilan Banding Terakhir Hakim Ketua: Geoffrey Ma Pengadilan Tinggi Distrik Dewan Distrik Pemilihan umum Partai politik Hak pilih ...

 

Mozzarella in carrozza Carrozza (dibaca karoza) atau mozzarella in carrozza (Italia: mozzarella in carrozza, Inggris: mozzarella in a carriage, Indonesia: mozzarella dalam kereta)[1][2] adalah sejenis roti lapis keju goreng dalam masakan Italia dan masakan Italia Selatan. Ini disiapkan dengan menggoreng keju mozzarella yang ada di dalam irisan roti. Ini adalah hidangan populer di wilayah Campania di Italia Selatan dan di daerah New York City. Mozzarella fritta adalah variasi d...

 

Underwater areas highly dense with kelp Marine habitatsKelp forest Coastal habitats Littoral zone Intertidal zone Estuaries Mangrove forests Seagrass meadows Kelp forests Coral reefs Continental shelf Neritic zone Ocean surface Surface microlayer Epipelagic zone Open ocean Pelagic zone Oceanic zone Sea floor Seamounts Hydrothermal vents Cold seeps Demersal zone Benthic zone Marine sediment vte Kelp forests are underwater areas with a high density of kelp, which covers a large part of the worl...

Type of vassal state in India under the British Raj This article is about the British-Indian usage. For the global concept, see Principality. Colonial IndiaImperial entities of India Austrian India 1778–1785 Swedish India 1731–1813 Dutch India 1605–1825 Danish India 1620–1869 French India 1668–1954 Portuguese India(1505–1961) Casa da Índia 1434–1833 Portuguese East India Company 1628–1633 British India(1600–1947) EIC in India 1600–1757 Company rule in India 1757–1858 Br...

 

Aspect of United States law Main article: Rape in the United States Rape laws vary across the United States jurisdictions. However, rape is federally defined (even though individual state definitions may differ) for statistical purposes as:[1] Penetration, no matter how slight, of the vagina or anus with any body part or object, or oral penetration by a sex organ of another person, without the consent of the victim.— Uniform Crime Report Terminology Laws use various terms to d...

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: 1841 United Kingdom general election – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2021) (Learn how and when to remove this message) 1841 United Kingdom general election ← 1837 29 June – 22 July 1841 (1841-06-29&...

Classe Kiev Le porte-avion Bakou, futur Amiral Gorchkov. Caractéristiques techniques Type porte-avions Longueur 273,1 m Maître-bau 49,2 m à 52,9 m Tirant d'eau 11,1 m et 11,5 m Déplacement 30 530 tonnes à 33 440 tonnes Port en lourd 41 370 tonnes à 44 490 tonnes (à pleine charge) Propulsion 8 chaudières KVN-95/64 et 4 turbines TV-12-3 développant 180 000 ch et entraînant 4 hélices Puissance 720 000 ch Vitesse 29 nœuds - ...

 

Bilateral relationsRusso-Ethiopian relations Ethiopia Russia Ethiopia and Russia established diplomatic relations on April 21, 1943. Russia currently has an embassy in Addis Ababa, and Ethiopia has an embassy in Moscow. The Ethiopian ambassador to Russia is also accredited to Armenia, Azerbaijan, Belarus, Georgia, Kazakhstan, Kyrgyzstan, Moldova, Tajikistan, Turkmenistan, Ukraine, and Uzbekistan. History Pre-Soviet Union Early contacts The first contacts between Russians and Ethiopians took p...

 

Pier Dionigi Pinelli Presidente della Camera dei deputatiDurata mandato20 dicembre 1849 –25 aprile 1852 PredecessoreLorenzo Pareto SuccessoreUrbano Rattazzi Ministro dell'interno del Regno di SardegnaDurata mandato15 agosto 1848 –11 ottobre 1848 MonarcaCarlo Alberto di Savoia Capo del governoCesare Alfieri di Sostegno PredecessoreGiacomo Plezza Durata mandato11 ottobre 1848 –3 dicembre 1848 Capo del governoEttore Perrone di San Martino Successor...

В Википедии есть статьи о других людях с такой фамилией, см. Цыганков. Виктор Цыганков Общая информация Полное имя Виктор Витальевич Цыганков Родился 15 ноября 1997(1997-11-15)[1][2] (26 лет)Нагария, Акко, Северный округ, Израиль Гражданство  Украина Рост 178[3] см Позици�...

 

English, Scottish, Irish and Great Britain legislationActs of parliaments of states preceding the United Kingdom Of the Kingdom of EnglandRoyal statutes, etc. issued beforethe development of Parliament 1225–1267 1275–1307 1308–1325 Temp. incert. 1327–1376 1377–1397 1399–1411 1413–1421 1422–1460 1461      1463 1464           1467 1468           Q...