- Para Tregua no sentido de "cesamento temporal de hostilidades" véxase Tregua
Tregua é un grupo galego da Coruña, creado no 2007 por Mario García "Petru" en colaboración co pianista Rubén Rodríguez e o guitarrista Adri Torreira. O seu estilo de música vai dende o rock and roll, ao blues, ao swing , achegándose tamén ao chamado rock urbano. Levan publicados seis álbums de estudio.
Historia
O 21 de xuño do 2008 publicaron o seu primeiro álbum, titulado Donde todo empieza. O seu segundo álbum, Nunca es tarde saíu o 28 de marzo do 2009,[1] mentres que o seu terceiro traballo, Luces y sombras, publicouse en 2011.[2]
En 2017 publicaron un novo traballo, titulado Tregua, e que foi financiado grazas a unha campaña de mecenado.[3] En 2018 publicaron Kilómetro a kilómetro, un disco no que contaron coa colaboración de numerosos artistas, entre eles Fernando Madina, Javi Maneiro, Alberto Cereijo, José Andrëa, Carlos Goñi ou Miguel Costas.[4] No 2021 viu a luz o seu sexto traballo, titulado Lo urgente es vivir.[5]
Compoñentes
- Mario García (Petru): Guitarra eléctrica, acústica e voz.
- Rubén Rodríguez López: Piano, hammond e coros.
- Adrian Torreira (Adri): Guitarra eléctrica e acústica.
- David Ruíz: Baixo e coros.
- Miguel Vieites: Batería e percusión.
- Ramón A. Velázquez: Violín.
Ex-compoñentes
- Iván Fernández: Baixo.
- Fernando Romero: Saxofón.
Colaboracións nas gravacións:
- Jacobo Paz: Voz e coros.
- Pocho Taxes: Baixo.
- Fernando Lamas: Batería.
- Pipo García: Batería.
- Manu Clavijo: Violín.
- Alvaro Lamas: Steel guitar.
Discografía
- Donde todo empieza (2008)
- Nunca es tarde (2009)
- Luces y sombras (2011)
- Tregua (2017)
- Kilómetro a kilómetro (2018)
- Lo urgente es vivir (2021)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas