Protagonizado por Shia LaBeouf como Sam Witwicky, un adolescente que se ve metido nunha guerra entre os heroicos Autobots e os malignos Decepticons, dúas faccións de robotsalieníxenas que son capaces de transformarse en calquera máquina. Os Decepticons desexan o control de AllSpark, un obxecto que creou a súa raza robótica coa intención de usalo para dar vida a todas as máquinas da Terra.
Os produtores Don Murphy e Tom DeSanto desenvolveron o proxecto en 2003. Hasbro, a propietaria dos xoguetes nos que se basea a franquía, organizou unha gran campaña promocional enorme con lanzamento coordinado de cómics, xoguetes e libros e publicidade indirecta con General Motors e eBay.
O filme, estreado o 28 de xuño de 2007 en Australia e o 3 de xullo nos Estados Unidos, constituíu un éxito de público, recadando máis de 700 millóns de dólares en todo o mundo, pero a crítica estivo dividida. O filme converteuse no primeiro dunha serie, o segundo foi Transformers: Revenge of the Fallen estreado o 24 de xuño de 2009.
↑Bob Tourtellotte (1 de xullo de 2007). ""Transformers" film yields big bang on fewer bucks". Reuters. Consultado o 19 de agosto de 2010. But the producers of "Transformers", Lorenzo di Bonaventura and Ian Bryce, say they have spent only $150 million on "Transformers", and they reckon they got a bargain.