O toureiro[1] ou lidador[2] é a persoa que ten maior protagonismo nos espectáculos de corridas de touros. A súa tarefa é conducir repetidamente as arremetidas do touro de forma que resulte esteticamente vistosa, medilo na sorte de capote, dirixilo á pica, colocarlle as banderillas, amornalo na sorte de muleta e finalmente causarlle morte mediante a utilización dunha espada chamada estoque de morte. Antigamente, ao toureiro chamábaselle toureador e referíase a todo aquel que, a pé ou dacabalo, entraba á praza a lidar con touros.