Tots els detectius es diuen Flanagan é un libro escrito en 1990 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o segundo da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Trama
A historia discorre entre o 21 de decembro e o 2 de xaneiro. Comezan as vacacións de Nadal, e se atopa con dous casos.
No primeiro, Charcheneguer, un compañeiro de instituto, chantaxéao para lograr ver semi-espida a outra rapaza do centro. Pero Flanagan é enganado, e Charcheneguer non se limita a ver os encantos de Montse (alcumada Sabrina), senón que lle tira unhas fotos.
No segundo caso, Carmen (unha compañeira do instituto de raza xitana), pídelle que atope o seu sobriño desaparecido, de dous meses. Pero axiña descobre que José, o neno, foi vendido polo seu pai, e acaba coñecendo a un xinecólogo sen escrúpulos que trafica con bebés.
Entre tanto xorde o amor, ou o que el cre que é amor. Gústalle Carmen, e é a primeira vez que se bica cunha rapaza. Pero ó rescatar a un bebé coñece a Nines, unha rapaza de clase alta que o axudará no caso e que tamén lle acabará gustando. É a primeira vez que Flanagan actúa como crápula, aínda que tamén se sente incómodo con iso do amor.
Acaba saíndo ben parado dos dous casos, malia actuar varias veces á marxe da lei. Dálle cabazas a Nines, pero deixa un lugar para a esperanza na súa relación con Carmen.
Narración
Na mesma liña que o anterior e que os seguintes da saga, fala en primeira persoa das miserias diarias das clases baixas da cidade, pero tamén se adentra nas traxedias dos membros das clases máis pudentes.