A maioría da poboación (98%) pertence á etnia maiaquiché.
Situado na cordilleira da Serra Madre, o municipio de Totonicapán ten unha topografía montañosa e quebrada. O seu clima é relativamente frío cunha temperatura media de 12 °C.
No ámbito económico, a maioría da poboación emprégase na produción agrícola de millo e frixoles, esencialmente para o autoconsumo, así como a produción artesanal de mobles de madeira, tecidos de la, cerámica etc.[2]
O nome Totonicapán deriva das verbas en náhuatl "totl" e "nicapan", que quere dicir "cerro dos paxaros"?. O seu nome en lingua quiché é "Chwi meq'ina'", cuxo significado é "sobre a auga quente".[2]