Total Recall é un filme estadounidense de acción dirixido por Paul Verhoeven que se estreou en 1990. Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Rachel Ticotin, Sharon Stone, Michael Ironside e Ronny Cox. O filme está vagamente baseado na historia de Philip K. Dick "We Can Remember It for You Wholesale". O guión foi escrito por Ronald Shusett, Dan O'Bannon, Jon Povill e Gary Goldman, e gañou o Oscar especial polos seus efectos visuais. A banda sonora orixinal foi composta por Jerry Goldsmith, que gañou o Premio musical BMI.
Foi un dos filmes máis caros do seu tempo,[2] malia que as estimacións do seu orzamento varían e non está claro quen ten o récord. Rambo III, Quen enganou a Roger Rabbit? e Die Hard 2 están considerados os filmes máis caros do mesmo ano que Total Recall.
Sinopse
A Terra no ano 2084. Doug Quaid, un home que leva unha vida aparentemente tranquila, vive atormentado por un pesadelo que tódalas noites o transporta até Marte. Decide entón recorrer ó laboratorio de Recall, unha empresa de vacacións virtuais que lle ofrece a oportunidade de materializar o seu soño grazas a un forte alucinóxeno, pero a droga faino lembrar unha estancia verdadeira en Marte cando era o máis temido axente do cruel Coohagen.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1990: Premios Oscar: Premio especial ós mellores efectos visuais. Nomeado a son e efectos sonoros.
- 1990: Premios BAFTA: Nomeado a mellores efectos visuais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas