San María de Torás é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 3 852 habitantes (1 895 homes e 1 957 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2 746 habitantes (1 416 mulleres e 1 330 homes).
Xeografía
Nesta parroquia atópase a capital municipal, A Laracha. Está situada entre os dous núcleos industriais da zona, Arteixo e Carballo; ademais está próxima á cidade da Coruña e ben comunicada a través da AG-55 e da AC-552.
Estas circunstancias fixeron que experimentase un aumento nos últimos 10 anos, tanto no terreo económico como no de poboación. O crecemento vese reflectido no nivel de servizos dos que dispón: culturais (Casa da Cultura, Biblioteca, Servizos Múltiples...), instalacións deportivas (Polideportivo municipal, Polideportivo IES Agra de Leborís, Piscina Municipal climatizada, Campo de fútbol...), zonas verdes (Área de Ocio Maximino Canedo, O Recreo, Prazas e parques...) e áreas de recreo (Área de Recreo e Praia Fluvial de Gabenlle, Paseo Fluvial de Gabenlle).
Patrimonio
A parroquia ten dúas igrexas: a de Santa María de Torás, do século XIX e a igrexa parroquial de Torás, do século XX, ademais da capela de San Roque e Santo Antóno, na torre de Cillobre, situada no lugar das Torres de Cillobre.
Lugares e parroquias
Lugares de Torás
Parroquias da Laracha
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos