Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Golmar.
San Bieito de Golmar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 409 habitantes (212 mulleres e 197 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 2004 cando tiña 492 habitantes (247 mulleres e 245 homes).
Xeografía
O río Acheiro cruza a parroquia creando o Val do Acheiro.
Patrimonio
A Casa reitoral foi restaurada e musealizada para albergar o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte.
Lugares e parroquias
Lugares de Golmar
Parroquias da Laracha
Notas
Véxase tamén
Outros artigos