Tommy Hayes, nado o 31 de maio de 1980 en Limerick, é un xogador de rugby irlandés que xoga na posición de oito.
Traxectoria
En 2011 xogaba nos Exeter Chiefs (equipo do cal é o seu capitán) da AVIVA Premiership, competición á que chegaron logo de vencer nun play-off a dobre partido pola promoción ao Bristol en maio do 2010,[1] conseguindo por primeira vez participar na máxima categoría do rugby inglés.[2] Chegou ao rugby inglés dende Irlanda da man do Plymouth Albion mais posteriormente foi traspasado ao equipo de Exeter.
Seguindo os pasos do seu irmán máis vello, o piar John (xogador do Munster e do XV do trevo), Tommy xogou no Bruff R.F.C. da localidade de Bruff (Condado de Limerick) cando era novo, gañando o título Sub-18 da All-Ireland League en 1997, cando Bruff derrotou aos Corinthians cun enseio no tempo engadido.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas