Tom Clancy's Splinter Cell |
---|
Desenvolvedor(es) | Ubisoft, Gameloft, Ubisoft Montreal, Ubisoft Shanghai, Ubisoft Toronto e Ubisoft Annecy |
---|
Distribuidora(s) | Ubisoft |
---|
Xénero | videoxogo de acción e aventura e jogo eletrônico de stealth |
---|
Plataforma(s) | Microsoft Windows, Java ME, PlayStation 2, PlayStation 3, PlayStation Portable, Xbox, Xbox 360, Game Boy Advance, GameCube, Nintendo 3DS, Wii U e Android |
---|
Na rede |
---|
http://www.splintercell.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tom Clancy's Splinter Cell é unha serie de videoxogos de acción e infiltración saída da imaxinación do escritor estadounidense Tom Clancy e desenvolta pola compañía francesa Ubisoft.
Neste serie controlamos a un espía chamado Samuel Fisher (Sam Fisher) que traballa para a axencia de nacional de seguridade (NSA) nun proxecto chamado Third Echelon, formado por Sam Fisher, Irving Laambert (o xefe), Anna Grímsdóttir (a experta informática), e un encargado de transporte e armamento que cambia de personaxe cada en cada xogo.
O que coincide nos tres xogos é a forma de xogalos, o sixilo é fundamental en todos os episodios da saga. Hai que sorprender os inimigos, usar a túa arma o menos posible e que ninguén te vexa ou soen as alarmas. Un simple erro pódeche arruinar a misión. Todos son bastante "lineais", para pasar unha misión só tes unha forma de facelo. En Pandora Tomorrow e Chaos Theory incluíuse o modo multixogador.
Está en desenvolvemento a cuarta entrega de Splinter Cell que ten previsto saír no 2006. O novo nome que levará a nova entrega será Splinter Cell Double Agent. Pero parece que na nova entrega o argumento cambiará moito, xa que Sam Fisher vai ser un fuxido da lei buscando vinganza polo atropelo da súa filla Sara.