A PS2 é parte da sexta xeración de videoxogos. É a videoconsola máis rápida vendida, con máis de 100 millóns de consolas vendidas.
Características
O sistema que a consola utiliza como soporte para os xogos son discos en formato CD e DVD; o formato DVD aumenta o espazo dispoñible para os datos dos videoxogos, facendo polo tanto xogos de maior calidade gráfica e sonora. Ademais, tamén reproduce películas en formato DVD.
Frecuencia de reloxo do Sistema: 294.912 MHz (299 Mhz nas últimas versións).
Memoria Caché: Instrucións 16 KB, Datos 8 KB + 16 KB.
Memoria Principal: 32 MB.
Ancho de banda do Bus de memoria: 128 bits DMA.
Coprocesador: 2 Unidades paralelas de operacións vectoriais.
Rendemento do procesador nun punto flotante (FPP): 3.2 GFLOPS.
Transformación Xeométrica 3D CG: 18 millóns de polígonos por segundo.
Descodificador de compresión de Ficheiro: MPEG2.
GPU
Frecuencia do reloxo do Sistema: 147 MHz.
Memoria interna: 4MB DRAM.
Velocidade do frame buffer: 38,4 Gbytes/s.
Velocidade de debuxado: 2,4 Gpíxeles/s.
I/O
Núcleo da CPU: CPU de PlayStation mellorada (R5900).
Frecuencia de reloxo: 37.5 MHz.
Memoria IOP: 2 MB.
Sub Bus: 32-bit.
Son
Número de Voces: 48 canles con son surround 3D.
Memoria da selección de son: 2 MB.
Frecuencia de Saída: ata 48 kHz.
DVD
Tamaño máximo: Dobre capa 9 GB.
Velocidade do DVD-ROM: 4X.
Velocidade do CD-ROM: 24X.
Interface
Universal Serial Bus (USB) x 2.
Porto de mando x 2, rañura para MEMORY CARD x 2.
Saída Óptica Dixital.
Adaptador de rede.
Cable de rede.
Versións
Desde que a consola apareceu, non deixaron de evolucionar, se as primeiras consolas que chegaron a España eran a versión 3, ata a data coñécense ata a versión 14, máis ben chamada PStwo. Unha versión, que ao igual que pasou no seu momento con PSone (ou PlayStation) é a versión reducida da consola. Cada versión ten as súas particularidades.
Como podemos recoñecer a nosa versión?
Versión 3 - 10 parafusos na tapa inferior.
Versión 4 - 8 parafusos e non ten oco na parte superior da baía do disco duro.
Versión 5/6 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-3000X - SCPH-3000XR.
Versión 7/8 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-3900X.
Versión 9 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-5000X.
Versión 12/13 - SlimLine ou PSTwo, fácil de recoñecer polo seu reducido tamaño e con referencia SCPH-7000X.
Versión 14 - Igual en tamaño que as v12/13 pero con referencia SCPH-7500X.
Accesorios
Dispón dun gran número de accesorios, entre os clásicos mandos, volantes e pistolas, destacan pola súa orixinalidade os seguintes accesorios:
Cámara USB
O xogo EyeToy incorpora unha cámara de vídeo que permite ao usuario interactuar co xogo usando o seu corpo, o xogo procesa as imaxes que recibe a través da cámara e detecta as colisións para mover, golpear ou pulsa-los elementos do videoxogo.
Micrófono
O xogo SingStar incorpora dous micrófonos e un adaptador USB, é un xogo ao máis puro estilo Karaoke, que sorprendeu a comunidade dos videoxogos pola súa innovadora tecnoloxía no recoñecemento de voz.
Adaptador de Rede e disco duro
Co adaptador de rede para PlayStation 2, poderemos xogar partidas online con outros xogadores e descargarnos actualizacións, imaxes e demais contidos para almacena-los no noso disco duro, xa son moitos os xogos que permiten usar esta tecnoloxía.
A descarga será aproximadamente en euros uns 3,40 as 24 horas.
Pad DDR
É un tapete de baile utilizado nos xogos de Konami, Dance Dance Revolution, están compostos polos botóns de frechas direccionais e nos vértices do tapete (que é de forma cadrada) encóntrase os botóns triángulo, círculo, cadrado e "X", estando na parte superior do tapete os botóns select e start.
Kit Linux
O Kit Linux esta composto por un disco duro de 40 GB, un adaptador de rede, un rato e un teclado USB, un cable VGA e o sistema operativo Linux para PlayStation 2, este kit esta pensado para programar, igualmente pódese introducir unha distribución de linux chamada Black Rhino