Todos vós sodes capitáns é un filme documental galego escrito e dirixido por Óliver Laxe. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes no 2010, e gañou o Premio Fipresci.[1] Foi rodado en branco e negro.[2]
Sinopse
Un director de cine europeo chegado de Europa desenvolve o proxecto de rodaxe dun filme cos rapaces dun centro social de Tánxer, Marrocos. Durante a rodaxe, os métodos pouco ortodoxos do director por mor da interacción cos nenos fai que o curso inicial do proxecto se vexa alterado.
Galardóns
- 2010: Premio Fipresci, concedido pola Federación Internacional de Críticos de Cine no Festival de Cannes.
- 2010: Premio do xurado mozo no XLVIII Festival de Xixón.
- 2010: Premio Signis no Festival Mar de Plata.
- 2010: Premio Cineuropa.
- 2011: Premio de Play-Doc, o festival de documentais de Tui.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas