Todos Tus Muertos |
---|
|
Orixe | Buenos Aires, Arxentina |
---|
Período | 1985 - 2000 2004 - presente |
---|
Xénero(s) | Punk, Reggae |
---|
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music, Esan Ozenki, TTM Records, Maldito Records |
---|
Membros | Pablo Molina, Félix Gutiérrez, Horacio «gamexane» Villafañe, Christian Fabrizio, Germán Álvarez |
---|
Antigos membros | Fidel Nadal, Pablo Potenzoni, Jorge Iacobellis, Julio Amin |
---|
Na rede |
---|
www.todostusmuertos.com.ar |
|
Todos Tus Muertos (abreviado como TTM) é un grupo de música de Buenos Aires. Foi formada a mediados da década de 1980 e publicaron seis discos até a súa disolución en 2000. En 2004, tres dos integrantes orixinais retomaron o proxecto cunha xira de reunión, publicando un álbum en directo. Mesturan rock, punk e reggae, con letras influenciadas polo movemento rastafari e a crítica social.
Historia
O grupo formouse arredor de 1985, con Félix Gutiérrez no baixo, Horacio Villafañe («Gamexane») na guitarra (anteriormente integrantes de Los Laxantes), Cristian Ruiz na batería e Fidel Nadal como cantante. En 1986 editaron o sinxelo «Noches agitadas de cementerio», cun son máis punk ca posteriormente.
En 1988 editaron o seu primeiro disco, Todos Tus Muertos, que lles permitiu comezar a tocar noutros países grazas a temas como "Gente que no". En 1992 tocaron con Mano Negra na súa xira pola Arxentina, tralo cal Fidel e Félix participaron na gravación de Casa Babylon. Despois Manu Chao colaborou na gravación do seu terceiro disco, Dale aborigen, no cal tamén participou Fermin Muguruza de Negu Gorriak e músicos de Los Fabulosos Cadillacs e Los Auténticos Decadentes.
Trala entrada no grupo de Pablo Molina nas percusións e os coros, saíron de xira por Latinoamérica e Europa, editando o disco en directo Argentina te asesina. Dous anos despois gravaron e editaron co selo TTM Discos un álbum de versións e remisturas, Subversiones.
En 1998 lanzaron novo material de estudio, El camino real, con videoclips como «Dignidad» (novamente con Fermin Muguruza) e «No te la vas a acabar». Pero ese mesmo ano separáronse. Nadal afondou na cultura rastafari e editou algúns álbums reggae coa participación de Molina, Gamexane volveu ao punk coa banda Responsables No Inscriptos, e Pablo Potenzoni participou noutros proxectos musicais en España.
En 2010 a banda reuniuse con Pablo Molina como cantante, gravando un novo disco titulado Crisis Mundial.
Membros
- Pablo Molina (voz)
- Félix Gutiérrez (baixo e coros)
- Horacio «Gamexane» Villafañe (guitarra e coros)
- Christian Fabrizio (batería)
- Germán Álvarez (teclado e coros)
- Fidel Nadal (voz)
- Pablo «Dronkit Master» Molina (voz, teclados e percusións)
- Félix Gutiérrez (baixo e coros)
- Horacio «Gamexane» Villafañe (guitarra e coros)
- Pablo Potenzoni (batería)
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas