Os Titan II GLV eran mísilesTitan II modificados como lanzadores orbitais para as cápsulas tripuladas do programa Gemini. As principais modificacións eran as relativas á redundancia de sistemas e á detección de problemas durante o lanzamento. Tódolos doce Titan II GLV lanzados funcionaron sen problemas e puxeron en órbita ás súas respectivas cápsulas Gemini tripuladas, co primeiro engalando o 8 de abril de 1964 e o último o 11 de novembro de 1966.[1][2]
Cada foguete podía poñer ata 3600 kg de carga en órbitas de 300 km de altura, tiñan un impulso de 2090 kN e unha masa total, incluíndo, propelente, de 150.530 kg. Medían 32,8 m de altura e 3,05 m de diámetro.[1][2]