Tibasosa é un concello colombiano do departamento de Boyacá, que se atopa no centro-leste de Colombia, na rexión do Alto Chicamocha. Conta, segundo os datos do censo de 2005, cunha poboación de 12 463 habitantes. Tibasosa forma parte da provincia do Sugamuxi.
No eido económico, salienta como un dos principais produtores da feixoa a nivel nacional, así como dos seus derivados.