Chíquiza é unha vila e concello da provincia Central do departamentocolombiano de Boyacá. Chíquiza chamouse San Pedro de Iguaque até o 17 de xullo de 2003, cando o nome foi mudado a Chíquiza.[1] O concello atópase no Altiplano Cundiboyacense co centro urbano nunha altitude de 2 900 metros e a 24 quilómetros da capital do departamento, Tunja. Chíquiza limita con Arcabuco polo norte, con Sora e Sáchica polo sur, con Villa de Leyva polo oeste e Motavita polo leste.[1]