Thun é unha cidade suíza situada no cantón de Berna, a 30 km ao sur da capital do Estado. Cos seus 43.568 habitantes, segundo datos do 2016, é a undécima cidade do país por volume de poboación.
O nome da cidade deriva do celtaDunum, que significa cidade fortificada. No 58 AC caeu baixo o dominio de Roma, converténdose nun dos principais centros administrativos da rexión. Arredor do ano 400 DC foi conquistada polos burgundios e no 1033 pasou a formar parte do Sacro Imperio Romano Xermánico.
En 1384 foi mercada polo cantón de Berna. Foi capital do cantón de Oberland durante a República Helvética.
Cultura
O castelo de Thun foi erguido no século XII polo Duque Bertold V de Zähringen. Existe outro castelo, o Schadau, construído no século XIX nun estilo neogótico e que acolle o Museo Gastronómico Suízo. A Casa do Concello é do século XVI.